ZALAETA "C" 1-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(25-23,17-25,21-25,19-25)-(Copa Galicia feminina)
Vitoria a domicilio do primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol en terras coruñesas nun partido ó que as nosas viaxaban con numerosas e importantes baixas como as de Carolina Cuadros, Ángela Triñanes, Sara Martínez, Leonor Lorenzo ou Anael Gómez. Comezaban as nosas cun xogo errático no que non funcionaba o seu habitual forte K1. Os erros en recepción e ataque condenaban ás de Andrés Martínez ante o xoven equipo herculino no primeiro parcial no que a vitoria sería para as locais. A partir de aquí as boirenses non deron opción. Cunhas atinadas Rebeca González e María Triñanes o Proboin gañaría os tres seguintes sets para levarse a eliminatoria e seguir adiante nesta Copa Xunta de Galicia. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Luci Paz, Evelyn Urrutia, María Triñanes, Rebeca González, Ámgela Fernández, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reserva atopábase Luisa Ferreirós. Na vindeira eliminatoria o Proboin medirase ó Comercial Durán pontevedrés.
As rapazas seguen adiante |
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 COMERCIAL DURÁN
(21-25,20-25,25-20,25-15,15-13)-(Copa Galicia masculina)
O Redesyl tapa feridas na Copa Galicia |
Vitoria pola mínima dos rapaces que dirixe Antón Pérez nun partido que se meteu no peto o conxunto que menos erros cometeu. Comezaba a disputa cos boirenses desconcertados, cunha recepción deficiente e cunha intensidade bastante reducida. As dificultades na construcción pasaban factura ós nosos e impedíalles crear xogo con fluidez. Esta situación traducíase en vitoria pontevedresa nos dous primeiros parciais e deixando ó Redesyl contra as cordas. Chegados a este punto, os boirenses engrasaron a maquinaria, sacudíronse a presión e xogaron sen trabas o resto do encontro. A reducción de erros non forzados por parte dos de Boiro puxeron en apretos ó Comercial Durán que xa non podía subsistir a base de irregularidades alleas. Da man dun atinado Xavier Sarille a remontada foi posible e a vitoria volveu a terras barbanzanas tras unha boa xeira de derrotas. Agardamos este sexa o cambio de dinámica que se estaba agardando de este equipo, xa que a calidade é infinitamente maior á mostrada na competición regular. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Adrián Armental "Nara", Juan "Mande", Antón Pérez, Juan Resúa e Juan Lorenzo (líbero). Como reservas estaban Manuel Pérez "Cholo", Xavier Sarille, Roberto Rodríguez "Tito", Luis Lustres e Fran López. Tras superar esta ronda o equipo filial masculino medirase na próxima eliminatoria ante o CV Rianxo da 1ª división nacional no polideportivo de "A Cachada". Moita sorte para eles.
5 comentarios:
Noraboa polas vitorias rapac@s. Agora a seguir traballando para facer un bo papel. Sorte!!
FORZA CV BOIRO!!!
Chicho olvidasteste demin na cronica jajajajajajajaja
Luis
Ups!!!
Sorry Luis!!!
As copas tamén se nos dan ben eh? jejeje
Noraboa compañeir@s!!!
a sarle duro a rianxo chavales
Publicar un comentario