luns, 24 de xaneiro de 2011

Xente do Boiro Voleibol, Andrés Martínez:

O blog está de estrea. Gracias á colaboración da xornaleira boirense Charo López iremos publicando entrevistas a diferentes persoeiros relacionados co Boiro Voleibol, ben sexan xogadores, adestradores, empresarios, directivos, protagonistas por diversos motivos ou simples achegados á entidade. Con esta iniciativa pretendemos acercarnos un pouco máis á xente que sigue a evolución do noso benquerido club. Moitas gracias Charo pola túa cooperación, para nós é un pracer. En canto á xente do Boiro Voleibol, estade preparados, calquera pode ser o seguinte.

”O volei para min  é unha paixón, unha forma de vida”

Andrés, acompañado de Isma e Rubi
Andrés amaga ao botarlles a pelota aos cadetes, mira para uns e guíndalla a outros para asegurarse de que non hai ningún despistado. E non hai despistados. Sorrí satisfeito, os seus pupilos adestran con ganas. El tamén. Pasa as horas despois do traballo no pavillón da Cachada animado coma os rapaces, mesmo a partir das nove, cando coinciden na pista cun grupo de xente do ximnasio que fai bicicleta estática, e coa música rebotando na mala acústica do polideportivo non pode dar as indicacións con tanta fluidez. Non pasa nada; xesticula máis e continúa, até que as camisetas estean ben sudadiñas.

-(Charo) Adestras infantís, cadetes e toda a rapazada das escolas deportivas. ¿En que aspectos deportivos te centras para estas idades?
-(Andrés) O que máis me interesa nestas idades e que os rapaces desfruten moito xogando e repitan... e se pode ser, que traian ós seus amigos e amigas para probar tamén o voleibol. Unha vez proben xa descubren que é un deporte que engancha, e moito.

-¿Como se fomenta a motivación, nunha mocidade cada vez máis sedentaria?
-Estar diante dun ordenador perde todo o tema persoal, o contacto, as risas, os abrazos... é fácil motivar ós rapaces, xa que todos teñen ganas de moverse. Cos meus pequenos pasa: arrancalos do sofá ou da consola costa un pouquiño, pero unha vez no pavillón non hai quen os pare.

-Con unha boa canteira, ¿dase conseguido un equipo competitivo para o máis alto nivel?
-Sen dúbida. A base de traballo saen eses bos e boas xogadoras. Sempre se pode ter xogadores que dan esa experiencia e bo facer, pero os xogadores da canteira teñen moito tirón e son vitais.

-Tamén adestras ás xogadoras do Proboin, ¿está preparado o equipo para dar o salto á Primeira División?
-Por calidade está preparado e faría un moi bo papel. No caso do compromiso está un pouco coxo penso eu. Pero todo será facer unha enquisa e ver se o grupo estaría comprometido para dar ese salto e aguantar toda a temporada, xa que a primeira feminina é máis custosa, sobre todo no tema dos desprazamentos, por falta de equipos galegos.

-Houbo dúas incorporacións importantes recentemente: Rebeca e Leonor. ¿Moito cambio?
-Elas xa eran xogadoras do plantel do ano pasado, ou sexa que nada de cambio, máis ben un regreso ó fogar.

-¿Que ten o volei, para engancharte durante tantos anos, e sen espectativas de deixalo?(porque non hai espectativas de deixalo, ¿non?)
-Para min é unha paixón... e como tal é a túa forma de vida. Non me vexo sen facer volei, aínda que moitas veces pensara en marchar do país... Cando axudas a moita xente é difícil deixalo, e sobre todo se parte desa xente son os teus propios fillos.

-¿Prefires o de adestrar, ou quedaste con ser xogador?
-As dúas cousas encántanme, pero co tema da idade non se pode, e acabarei adestrando só... pero dentro de moitos anos.

-E, un pouco de carnaza: ¿Hai pique ou non hai pique porque este ano Emilio non che saque de titular?
-Non, para nada. Emilio fai ben o seu traballo e o novo colocador, Iván, é moito mellor para o equipo, e Eiras está traballando moi ben. Aí estamos para o que o equipo necesite. E co “ajetreo” de adestrar equipos varios, pois o tempo non dá para moito máis. 
Charo López

19 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Quén mellor que Andrés para inaugurar esta sección de entrevistas, grande Arañitaaa!!. Gracias a ti todo esto está funcionando aínda.

Moitas gracias tamén a Charo pola súa colaboración e polo bo traballo que fai e sabemos que fará, gracias.

¿Quen será o próximo entrevistado?, o tempo o dirá...

FORZA CV BOIRO!!!

Jesus_pivot dixo...

me gusta esto.Esta Charo es la primera de Pablo Bugallo? Que vive en barraña?

Adrián Alves dixo...

Todo parece indicar que se trata de esa Charo. Igual eres o próximo entrevistado Pivot, falando de como abandoaches o draft do 2008 para incorporarte á disciplina do Boiro Voleibol...xDD

Que che repito que non poño o nome! dixo...

Araña Rule`s!!

Sandra! dixo...

Que crack Andresiño :D
Adelante con lo de las entrevistas es una idea estupenda. Que bien lo montais.
Chicho muy currada esta página amigo.

mechas dixo...

Andres de 10 como siempre! Pivot me parece una buena idea, pero Rocco, Chepe, Mande, etc etc......jejeje Bueno fora coñas! Haber se nos toca a algún do filial masculino, :P

Un saudo e moitas gracias Charo.

PD: Chicho hasta e jugón no Blog!!! ANIMAL!!

Meii dixo...

eres unico miister... gracias por todo
(y a dar cañaaa!! :) )

un besitooo!

Andrés "Araña" dixo...

Gracias Charo, a verdade é que fas un traballo estupendo e seguro que todos estaremos agardando polo seguinte enquistado... quen será seraaaaa??? Gracias a todos por ese bo traballo que facedes por éste, o VOSO CLUBE. Un abrazo d8p

Nando dixo...

Ese Andrés... un abrazo fenómeno.
El siguiente otro histórico de vuestro club no? ¡¡¡¡FRIIIIGUUU FRIIIGUUUU¡¡¡¡¡ jajajaj estaré atento a ese día a ver si va acompañado de una foto haciendo su último salto del piojo ajjaja ;)

Adrián Alves dixo...

Máis cedo que tarde tocaralle a entrevista a Frigulín, descoida Nando que él non pode faltar. Haille que dicir que vaia preparando un cartón do seu amado "chester" para que fume mentras lle fan as preguntas...jajajaja

Gus dixo...

A sección está genial!

Boa idea Buga, gran traballo Charo, moi currado Chicho, un grande Andrés... etc...

BOIRO VOLEIBOL PONE MÁS QUE ANTENA3

LOST dixo...

Buena idea!
Buen rollito!
Aupa boiro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!








AH, fuera anónimos bordes y frikis!
Todos tenemos nombre, cara y huevos para hablar en este foro!
Si alguien no tiene esto, tiene que irse a cotillear a otro!
Iago.

Anónimo dixo...

Que garnde Araña, buena entrevista. que gran blog, que gran equipo, que gran club,( como diría German) que ENOOORMES.
Por favor, grabar en video la entrevista a Frigulin, seguro que no tiene desperdicio alguno.
Un Abrazo
Diablo.

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Eu propoño "CLONAR" a Andrés para que o mundo non se perda un pedazo de entrenador como este. Fai falta no mundo do deporte xente que teña un perfil como o de este home. Os meu máis afectuoso recoñecemento ao Andrés entrenador e ao Andrés persoa. Por certo, moi boa idea iso de facer entrevistas.

Anónimo dixo...

Esta sección no blog do club promete :)
A verdade e que con estas cousas danse a coñecer os Grandes Integrantes do club...
Andrés eres GRANDE :)

Anónimo dixo...

Muy buena idea es la de entrevistar a la gente del club. :) Cada día me sorprende con algo nuevo el blog. Un gran trabajo chicho enhorabuena ;) GRAANDEEE ARAAÑITAAA TEE QUEREMOSS! NUNCAA CAMBIEEES! ;)

JUAN RESÚA dixo...

A verdade e que se fai moi dificil por non decir imposible que en unha conversa sobre o volei Galego non saia tarde ou temprano o nome de ANDRES MARTINEZ, por eso digo que non soamente e un Grande do Clube senon que tamén sen duda e un grande do VOLEI GALEGO. Para min, un compañeiro e amigo

UN ABRAZO ANDRESIN

LOST dixo...

¡ATENCIÓN, ATENCIÓN!

Proponse facer unha cea do club en carnavales!
Requisitos:
1-Ter fame!
2-Ter ganas de pasar un bo rato antes, durante e despois da cea!
3-INDISPENSABLE: ai que ir disfrazado!

Ainda non está nada organizado, pero podedes opinar!
Ah, a idea foi de Leo non miña, pero pareceme cojonuda!

FloRychiNskY dixo...

Andrés!!! eres o melloR!!!