martes, 11 de xaneiro de 2011

Tralo nadal volve a competición regular:

Despois dunhas merecidas vacacións de nadal no seo do Boiro Voleibol volve a actividade na próxima fin de semana do 15 e 16 de xaneiro. Agardamos que os nosos retornen coas pilas totalmente cargadas para axudar a conseguir un bo puñado de vitorias nesta e nas vindeiras xornadas. Moito ánimo para todos e todas e comenzamos.


SÁBADO 15:

REDESYL BOIRO VOLEIBOL-CV VAGALUME
(Aprazado)-(2ª División autonómica masculina)

Encontro aprazado por petición expresa do cadro visitante que lle impedirá ós homes de Antón Pérez disputar o seu quinto partido nesta equilibrada e apaixoante liga de 2ª división. Por outra parte decir que o receptor noiés do Redesyl, Manuel Pérez "Cholo" padece definitivamente unha totura fibrilar nun dos seus aductores. Calcúlase a súa incorporación cos seus compañeiros tras 2-3 semanas según a evolución da doenza.  Os problemas musculares tamén afectan a Rubén Taibo "Mechas" na súa zona lumbar cunha contractura. Juan Resúa pola súa parte sufre un esguince de nocello que o apartará do grupo un período de 2-3 semanas. Paciencia e moita sorte para eles.

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL-UNIVERSIDADE DE LEÓN
(19:00h. "A Cachada")-(1ª División nacional masculina)

A actividade volve á Cachada
Dura batalla a que se espera nesta tarde de sábado no polideportivo de "A Cachada" xa que chega un dos equipos históricos da categoría como é o equipo leonés do AULE. Os de Emilio Palacio intentarán mostrar a súa mellor versión para gañar enteiros na loita polas dúas primeiras prazas da competición nacional, das que se atopan a unha soa vitoria. Para este encontro contarán coa baixa seguro de Iago Vidal e coa máis que probable de Miguel Vázquez, doente aínda dun esguince de nocello.


BOIRO VOLEIBOL-OS BACELOS DODRO
(19:30 h. Polideportivo municipal de Barraña)-(Liga provincial cadete feminina)

Encontro entre dous equipos igualados na táboa que servirá para decidir quén ocupará o segundo posto da mesma unha vez remate a contenda.


REYCA BOIRO VOLEIBOL-CALASANCIAS CORUÑA
(19:30h. Polideportivo municipal de Barraña)-(Liga galega cadete masculina)

Buscarán os de Andrés Martínez a súa segunda vitoria nesta liga galega cadete para demostrar a positiva evolución que dende o clube sabemos que levaron a cabo nas últimas datas.

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL-CALASANCIAS CORUÑA B
(Aprazado)-(2ª División autonómica feminina)

Imaxe de arquivo: 2009-2010
A última hora e por falta de xogadoras, o Calasancias apraza o partido para un día todavía por concretar. Seguramente un día da semana do 17 ó 21 de xaneiro. Confirmaremos día e hora. 








DOMINGO 16:
BOIRO VOLEIBOL-AD XIRIA ASESORÍA CERVANTES
(11:30 h. "A Cachada")-(Liga provincial xuvenil feminina)

Tamén igualadas a puntos se encontran estes dous conxuntos, polo que podemos prever que se tratará dun apaixoante encontro con alternativas dun e outro lado.

11 comentarios:

Adrián Alves dixo...

1-Moita sorte a todos os equipos nesta reanudación das diversas competicións.

2-Ánimo Cholo, cando te deas conta estás repartindo de novo.

3-Disculpas pola tardanza na actualización, pero estamos en plena época de exames.

4 (e a máis importante)-Recordade que a sección musical segue aberta ás vosas suxerencias así que a seguir q levábamos un bo ritmo!!!


FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

Máis música.
Lola . The Kinks.
Bugallo

Anónimo dixo...

Mucha suerte a todos los equipos este finde, a ver si empezamos bien el año, y ánimo a todos los lesionados
Más música:
Cypress Hill: When the shit goes down (la 2º entreda q aparece en youtube)

Joaquin Sabina: Me sobran los motivos (tambien la 2º entrada)

Y una dedicada al Diablo....Vetusta Morla: Un día en el mundo

LUCI

Adrián Alves dixo...

Grazs por especificar Luuuu pero o filtro non é youtube directamente polo q os enlaces q me aparecen a min non son eses exactamente.

migui dixo...

no estaria mal un poco de tupac...
california love
hit em up
hail mary

chebeny representa

ANDRES dixo...

Hubo cambios en los partidos de este finde. Calasancias aplaza el partido de 2ª femenina, las cadetes pasan a jugar el sábado a las 7 y media a la par de los cadetes en Barraña, y las juveniles jugarán el domingo a las 11 y media en A Cachada contra Xiria. Saludiños.

migui dixo...

bob dylan
you're a big girl now

Leo dixo...

Kings of Leon - Radioactive

Xavi dixo...

Hilltop hoods - the nosebleed section

Jesus_pivot dixo...

Espero que se llene el pabellon, ya que los equipos el de las chicas y los chicos de segunda no tienen partido, que vengan y nos animen se agradece mucho el apoyo que tenemos siempre en casa.

Migui dixo...

Bob dylan

ballad of a thin man

ten cuidado chicho no pongas ninguna cover barata,jeje.

a reventar a leon!