mércores, 15 de decembro de 2010

Partidos do 18 de decembro:

Nova fin de semana na que os nosos equipos emprenderán diversas viaxes a diferentes lugares do territorio autonómico e nacional. Moita sorte para todos eles e a seguir medrando.
CD CONXO-PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(12:00, Pabellón A Restollal)-(2ª división autonómica feminina)
Madrugan as xogadoras do Proboin para enfrentarse ás santiaguesas no seu feudo. A boirenses parten como líderes pero contan con importantes baixas este finde: Anael Gómez, Carolina Cuadros e Sara Martínez. 

IES TURISMO DE VIGO CAIXANOVA-BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Polideportivo municipal de Teis)-(Liga galega xuvenil maculina)
Buscarán os de Andrés Martínez volver ó camiño da vitoria en terras pontevedresas ante un sempre combativo conxunto como é o IES Turismo de Vigo Caixanova.


IES TURISMO DE VIGO CAIXANOVA-BOIRO VOLEIBOL
(14:00h, Polideportivo municipal de Teis)-(Liga galega cadete maculina)
Partido complicado o que deberán encarar os xogadores ás ordes de Andrés M. O conxunto boirense contará xa con Ismael Martínez, Lois Vázquez e Fran Dieste, recén chegados das súas respectivas seleccións autonómicas.

TURISMO DE VIGO-REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(14:00h, Polideportivo municipal de Teis)-(2ª división autonómica maculina)
Encontro termómetro para o equipo filial masculino que buscará continuar nesta 2ª división do voleibol autonómica con paso firme e pleno de vitorias e sets gañados. Cabe suliñar que poderá reaparecer o  receptor Xavier Sarille logo da lesión de nocello da que se tratou.


IES AMES-BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, Polideportivo municipal de Ames)-(Liga provincial xuvenil feminina)
Buscarán as de Juan Resúa manterse invictas no casilleiro desta liga provincial e seguir deste xeito ascendendo na táboa de clasificados.

IES AMES-BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, Polideportivo municipal de Ames)-(Liga provincial cadete feminina)
As xogadoras de Juan Resúa seguen cunha fulgurante xeira de resultados positivos, que as catapulta a compartir o liderado co propio IES Ames. O equipo gañador deste encontro poderá liderar en solitario a liga.

CID JOVELLANOS (Gijón)-HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(19:00h, Pabellón La Arena)-(1ª división nacional masculina)
Viaxan a Gijón os xogadores de Emilio Palacio co obxectivo de acercarse aos dous equipos que a día de hoxe aparecen destacados na táboa, os cales se enfrentan entre eles nun interesante encontro desta 7ª xornada da 1ª división nacional masculina. De lograr a vitoria en terras asturianas un dos dous equipos que van en cabeza quedará a tiro de pedra dos boirenses.

11 comentarios:

julian ross 14 con ataques al corazon dixo...

hay que darles a los de gijon y ponernos en la pelea con valladolid supuestamente.que imagino que perderan en vigo.venga xavales.

oliver 10

Adrián Alves dixo...

Boa sorte a todos nesta fin de semana a domicilio.

Xa tendes un vídeo cos nosos mellores momentos no derbi en Rianxo ben pinchando na videoteca do blog ou ben acudindo ó meu canal en youtube "chicholibero".


FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

mira q sodes flipados.Poñede algunha xojada do equipo contrario si vos acorda.Sinona aver q poñedes do partido contra vigoB da semana pasada..

BlackBandana dixo...

Que buena idea,grabemos nuestros partidos,creemos un blog...y colguemos videos de nuestros fallos jugando...no me jo...robes.

Anónimo dixo...

blackbandana al quite jajaja

Adrián Alves dixo...

Canta susceptibilidade hai no ambiente...Poñeremos as imaxes que nós (eu) consideremos oportunas e si alguén ten algún problema que descargue un editor de vídeo e faga o que crea convinte.

P.D: sigo esperando a que alguén se digne a achegarme fotos, vídeos, etc, etc para subir ó blog...ÁNIMO!

Anónimo dixo...

Creo que es justo que el equipo edite el video como quiera, si estamos en la página del CV Boiro está claro que no se van a poner jugadas malas o de puntos a favor del contrario, aun por encima de que Chicho se pasa el trabajo de editar el vídeo (que no son 5 min, ni una hora) y que es del Boiro no es justo que se le exijan jugadas del otro equipo

Anónimo dixo...

hay algunos desagradecidos y tambien hay agradecidos y en eso me uno para dar las gracias a chicho por el tremendo currazo que se da con la pagina y con los videos, y que aun encima esté todo actualizado. Mil gracias

Anónimo dixo...

Sorte a todos e bo viaxe ós que se desprazan a Gijon :)

Anónimo dixo...

Muchisima suerte a todos este finde (:

Anónimo dixo...

o video qedariavos mellor si nn tubese musica de fondo, vamos, cos gritos da aficcion jaja xD