martes, 7 de decembro de 2010

Festa do voleibol boirense:

II EVENTO SOCIAL DO BOIRO VOLEIBOL:

O vindeiro sábado 11 de decembro a partir das 11:00h celébrarase na rúa peonil de Boiro, fronte o local patrocinador do HIPESCAR un evento de cara o público boirense coa misión de publicitar o clube, promocionar o deporte do voleibol na vila e captar novos socios e afeccionados para a nosa entidade. Agardamos a colaboración de tódolos xogadores e xogadoras vestidos co chándal do clube para botar unha man e superar así a incrible repercusión obtida o ano pasado neste evento. Cantos máis sexamos moito mellor. É o momento de devolverlle a todos os folgos que nos dan nos encontros.

Imaxe correspondente ó evento da pasada campaña


!Apoia ó teu clube!

2 comentarios:

Adrián Alves dixo...

O evento dará comezo as 11:00h pero os xogadores e directivos deberemos estar presentes alí as 10:30h para axudar en todo o que poidamos na organización e montaxe da loxística que utilicemos. Recordade que alí poderemos captar socios, vender a lotería de nadal e invitar a todo o mundo a que asista ó partido desa mesma tarde entre o Hipescar e o Vigo Voleibol. Non podedes faltar!!

JUAN RESÚA dixo...

A MOI PESAR MEU TEÑO QUE DECIR QUE NON VOU PODER ACUDIR A CITA TAN IMPORTANTE PARA NOS POR MOTIVOS DE TRABALLO, PERO A ESO DAS 13:00 HORAS QUEDAREI LIBRE E IREI HASTA ALÍ PARA ESTAR CON TODOS NOS ÚLTIMOS MOMENTOS E BOTAR UNHA MAN PARA RECOLLER TODO.

SAUDOS E QUE SAIA TODO BEN