venres, 31 de decembro de 2010

O Hipescar sae victorioso en Bertamiráns:


Cristóbal Álvarez en acción
Ata Bertamiráns se desplazaba o primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol para formar parte desta festa organizada polo club local, o Bertamiráns FC Voleibol. Moitas eran as baixas coas que contaba o cadro de Emilio Palacio pero coas colaboracións de última hora do receptor do filial boirense Xavier Sarille, o oposto xuvenil Martín Herrera e o central que milita nas filas da selección española júnior Pablo Bugallo fixeron posible presentar un equipo serio e con garantías no municipal de Bertamiráns.
O transcurso do encontro estivo marcado polas numerosísimas sustitucións no conxunto boirense de tal maneira que tódolos xogadores disfrutaran do bo ambiente que gozaba o polideportivo. O desenlace foi de victoria para o Hipescar Boiro Voleibol por 2-3. Polos nosos xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez e Andrés Martínez (Líbero). Tamén participaron Daniel Eiras, Martín Herrera, Xavier Sarille e Pablo Bugallo.


Equipo desplazado a Bertamiráns polo Boiro Voleibol

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Creo que agustin mouris vay deixar o voley dispois de perder duas veces en 10 dias contra os chavales de boiro.
Non pasa nada llego llego llego, vale vale vale.
Non podoooo ger : dixo alvarito jajajaja

Adrián Alves dixo...

Recordemos que Agus foi compañeiro noso asi que non chinchedes e non pode deixar o voley pq xa o fixo fai algún tempo...