sábado, 22 de xaneiro de 2011

O Hipescar reforza o posto de central:

Óscar (nº8) co Xuv. Teis
O primeiro equipo do Boiro Voleibol, o Hipescar que milita na 1ª división nacional acaba de confirmar a fichaxe do central vigués Óscar Gómez polo que resta de temporada. Xogador que ronda os dous metros de altura conta cunha dilatada experiencia na máxima categoría do voleibol español (SVM), reforzará o bloqueo e o ataque por centro do equipo de Emilio Palacio. A súa carreira na Superliga transcorre no C.V. Vigo e no C.V. Elche (05-06). A continuación xogaría varias tempadas no Xuvenil Teis en liga FEV e 1ª División nacional. Con esta incorporación o Hipescar dá por pechadas as súas filas ata final de ano e intentará facer unha segunda volta mellor que a primeira.

¡Benvido Óscar!

venres, 21 de xaneiro de 2011

Novas caras no Redesyl:

Foto de arquivo de Naranxo como líbero
O equipo filial masculino do Boiro Voleibol reforza o seu plantel cun vello coñecido como é o líbero-receptor Adrián Armental "Naranxo"  (16-11-89). Trátase dun xogador ben dotado técnicamente que destaca na parcela defensiva, situación que o levou a debutar co primeiro equipo na sua primeira etapa no club. Adrián vén a reforzar o posto que deixou no equipo Marcos Figueira e agárdase un debut inminente esta mesma fin de semana. Con esta incorporación o Redesyl dá por cerrado o seu plantel, co que se intentarán abordar os postos que dan dereito a ir á fase de ascenso á 1ª división nacional.



¡Benvido de novo Nara!

CALASANCIAS CORUÑA B 0-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(23-25,10-25,12-25)-(2ª división autonómica feminina)

Cómoda vitoria en tres sets do Proboin Boiro Voleibol neste desplazamento entre semana á cidade herculina. Comenzaban con moitas dúbidas as de Andrés Martínez no primeiro parcial chegando incluso a ir 5 puntos por debaixo no luminoso. Tras un tempo morto no que se correxiu a actitude do equipo a remontada non foi complicada debido á evidente superioridade das nosas. O desenlace foi dun xustado 23-25. No segundo e terceiro parciais as nosas no daban opción en ningún momento ás coruñesas levandose con autoridade e convicción as mangas cuns abultados tanteadores (10-25 e 12-25). Esta vitoria debe servir para gañar confianza de cara ó complicado encontro que deberán afrontar este sábado en terras de San Sadurniño, o cal decidirá o líder desta 2ª división. Moito ánimo rapazas. Polo Proboin xogaron Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Sara Martínez, Carolina Cuadros, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reservas actuaron Rebeca González, Leonor Lorenzo e Luisa.

xoves, 20 de xaneiro de 2011

Partidos de 22 e 23 de xaneiro:

SÁBADO 22:
ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO-TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, Polideportivo municipal de San Sadurniño)-(Liga galega xuvenil masculina)

O equipo xuvenil masculino terá unha boa pedra de toque para analizar a evolución do seu xogo ante o líder da liga autonómica xuvenil masculina.


ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO-REYCA BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Polideportivo municipal de San Sadurniño)-(Liga galega cadete masculina)


Duro partido para os de Andrés Martínez que visitan a un rival sempre combativo como é o equipo de Ferrolterra. Intentarán os rapaces do Boiro Voleibol demostrar a progresión sufrida cun partido completo e de bo xogo


ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO-REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, Polideportivo municipal de San Sadurniño)-(2ª Div. autonómica masculina)


Coa mente en seguir nos postos altos da táboa clasificatoria chegan a San Sadurniño os rapaces do equipo filial masculino do Boiro Voleibol. Causan baixa para este encontro por lesión o receptor Manuel Pérez "Cholo" e Juan Resúa.


ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO-PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, Polideportivo municipal de San Sadurniño)-(2ª Div. autonómica feminina)


Encontro entre dous aspirantes á promoción no que as boirenses deberán doblegar a un rival tan ben armado como sempre é o equipo de San Sadurniño si queren aspirar a campioas do simbólico título invernal. Para este encontro, as de Andrés Martínez contarán coa incorporación de Rebeca González, recén chegada da liga FEV onde competía co Calasancias de Coruña.


SAN SADURNIÑO-HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Polideportivo municipal de San Sadurniño)-(1ª Div. nacional masculina)


Coa intención de manter intactas as opcións de promoción a liga FEV chegan a San Sadurniño os homes ás ordes de Emilio Palacio. A orde defeniva e a contundencia do seu ataque polas alas serán as armas coas que o Hipescar tentará o asalto desa históricamente complicada cancha.


BOIRO VOLEIBOL-CD CONXO
(19:30h, Polideportivo municipal de Barraña)-(Liga Provincial cadete feminina)

As de Juan Resúa evaluarán o seu xogo ante as santiaguesas do CD Conxo na tarde do sábado nun partido correspondente á liga provincial de A Coruña.


DOMINGO 23:
REDESYL BOIRO VOLEIBOL-CV VAGALUME
(11:00h, Polideportivo de "A Cachada")-(2ª Div. autonómica masculina)


Madrugarán os rapaces do Redesyl para enfrentarse ante un rival que históricamente se lles atraganta ó noso equipo filial. Será un partido moi importante para decidir os equipos que participarán na batalla pola promoción de ascenso á 1ª división nacional.


VOLEIBOL DUMBRÍA-BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, Polideportivo municipal de Dumbría)-(Liga provincial xuvenil feminina)


Difícil encontro para as xuvenís do Boiro Voleibol que dirixe Juan Resúa. Intentarán recuperar a senda da vitoria trala axustada derrota (2-3) ante o Xiria o pasado domingo en "A Cachada". Moita sorte para elas.

mércores, 19 de xaneiro de 2011

Partido aprazado do Proboin na Coruña:


CALASANCIAS CORUÑA B - PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(21:15h, "Barrio de las flores")-(2ª División autonómica feminina)

Desprázanse este xoves á cidade herculina as xogadoras de Andrés Martínez para poñer o calendario da súa competición regular ó día, disputando un encontro aprazado dende a pasada fin de semana ante o conxunto do Calasancias Coruña B.

Proboin Boiro Voleibol

luns, 17 de xaneiro de 2011

Incorporación invernal para o Proboin Boiro Voleibol:

Rebeca en acción na praia de Barraña
Comprácenos informar que o primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol anuncia que incorporará á disciplina do cadro que dirixe Andrés Martínez a Rebeca González González (17-4-1991), polivalente xogadora da vila que volve ó seu club natal tras defender desde o pasado verán as cores do Calasancias Coruña que milita na categoría de bronce do voleibol nacional, a liga FEV. A boirense, que significa a segunda fichaxe trala xa anunciada incorporación de Leonor Lorenzo, conta cun amplo palmarés de conquistas a nivel autonómico e nacional na modalidade de volei-praia, destacando por riba de todas elas o 1º posto obtido no campionato de España sub-21 no ano 2010 formando parella coa lucense Majo Corral do EMEVE Laboratorios Nupel. Con esta novidade, o Proboin recupera a estructura básica do equipo ó completo que as levou a destacar na fase de ascenso á 1ª división nacional da pasada campaña, celebrada en Ourense.

¡Benvida Rebe!

domingo, 16 de xaneiro de 2011

¡15000 visitas!

Gracias a todos e todas por informarvos con nós. Xa son 15000 as visitas en apenas 3 meses dende que arrancou a aventura do blog "oficial" do Boiro Voleibol. Seguiremos a pé do canón para que todo esto siga medrando.
¡Gracias!

sábado, 15 de xaneiro de 2011

Resutados do 15 e 16 de xaneiro:

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-2 UNIVERSIDAD DE LEÓN
(25-16,25-19,21-25,23-25,15-13)-(1ª División nacional masculina)


K1 do Hipescar Boiro Voleibol
Axustada vitoria do primeiro equipo masculino ante un sempre duro rival como é o equipo leonés do AULE. Comenzaban os nosos moi concentrados en facer ben as cousas e de contado se disparaban no marcador do primeiro set apoiados por unha excelente recepción que facilitaba a construcción do ataque local. O desenlace foi (25-16). Os ánimos eran os mesmos no inicio do segundo xogo, no que o equipo ás ordes de Emilio Palacio mostrou unha solidez e un saber estar propio dun equipo serio e ordeado en tódalas facetas do xogo. De novo cabe destacar a continuidade da recepción boirense que permitía elexir as mellores situacións no K1 local levando ó conxunto do Hipescar a facerse co parcial (25-19). No terceiro set, o AULE mostrou unha cara diferente á que se viu nos momentos precedentes do encontro. Neste momento a igualdade reinaba en "A Cachada" e nun axustado final de set os visitantes aproveitaron mellor as situacións e conseguiron anotarse o parcial (21-25). No cuarto set, o Hipescar Boiro Voleibol retornou á senda de orde, disciplina e contundencia mostrada nos dous primeiros parciais, situación que lles permitía distanciarse no luminoso e mostrar un xogo por momentos brillante e moi vistoso. Chegaban os nosos cunha renda de 4 puntos ós momentos críticos do set pero foi neste momento cando un baixón do rendemento local, sumado a varias decisións canto menos dubidosas do colexiado se convertiu en vitoria visitante, non sen polémica (23-25). O tie-break prometía emocións fortes. Desde o inicio os boirenses mostraron e demostraron co seu xogo o moito que se estaba xogando neste parcial a 15 tantos. A orde, precisión e a personalidade gañadora do conxunto permitron ó Hipescar salir vitorioso neste definitivo xogo que lles permite seguir aspirando á promoción de ascenso a liga FEV.
Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez, Antón Pérez e Adrián Alves (Líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Gustavo Romero, Xavier Sarille e o xuvenil Martín Herrera.


REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-2 CALASANCIAS CORUÑA
(26-24,18-25,26-24,23-25,15-8)-(Liga galega cadete masculina)


Saúdo dos cadetes do Reyca
Partido de poder a poder o disputado no polideportivo de Barraña polos cadetes do Boiro Voleibol. Comenzaron os Boirenses, como pasa por norma xeral, con moitas imprecisións e coa cabeza en moitas cousas menos no partido, o que propiciou unha abultada vantaxe dos coruñeses. Gracias a unha racha de saques de Xián remontouse un 16-23 en contra e conseguiuse a vicoria no primeiro por 26-24. O segundo foi similar ó primeiro pero esta vez os de Calasancias conseguiron pechalo con vitoria, sobre todo por un bo saque e unhas grandes defensas. O terceiro foi moi igualado hasta o final e decantouse polos boirenses cunha boa actuación de Dani en Bloqueo e Fran en ataque.  Moi similar foi o cuarto set no que a igualdade reinaba durante tódalas accións. No quinto os boirenses meteron unha marcha máis cuns expléndidos Ismael, Dani e Fran en ataque e Abel e Xián moi acertados en defensa.  Ésta significa a segunda victoria para os cadetes que siguen mellorando día a día. Xogaron polo Reyca Boiro Voleibol: Abel, Ismael, Fran, Xián, Dani, Lois, Raúl e Oscar. De baixa Alfonso.


BOIRO VOLEIBOL 0-3 OS BACELOS DODRO
(10-25,20-25,19-25)-(Liga provincial cadete feminina)


Lance do partido xuvenil femenino contra Xiria
Na liga provincial cadete feminina as boirenses contaban con moitas baixas por diversos motivos. O equipo anduvo moi desordeado e con moitos erros e imprecisións. Enfrente un Dodro que sempre responde co seu saber estar no campo. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sara, Ana, Katy, Alejandra, Cristina, e as infantiles Loreto e Lara.







BOIRO VOLEIBOL 2-3 AD XIRÍA ASESORÍA CERVANTES
(25-23,18-25,27-25,15-25,13-15)-(Liga provincial xuvenil feminina)


Plantel xuvenil feminino do Boiro Voleibol 2010-2011
Vibrante encontro o visto nesta mañá de domingo na que as xuvenís do Boiro Voleibol ás ordes de Juan Resúa non puideron obter un resultado positivo. Comenzaban as nosas dubitativas cunha enorme ineficacia no servicio e unha intensidade no seu xogo moi reducida. A pesar de todo a vitoria caía en saco local por un axustado tanteador (25-23). No segundo parcial as imprecisións multiplicáronse e a vantaxe no luminoso facíase máis notoria a favor das visitantes. A incertidume e o desorde local facía que o Xiria se anotara o xogo (18-25). Volvía a igualdade no terceiro set. Mellorou porcentualmente o número de erros no servicio e o ánimo en xeral do equipo, datos que levaron á vitoria ás de Juan Resúa (27-25). No cuarto set o Boiro Voleibol desapareciu do terreo de xogo. Continuas imprecisións, erros e incertidume en cada acción significaban un clro triunfo visitante neste parcial (15-25). O tie-break estivo marcado pola igualdade no xogo de ámbolos dous cadros. O nerviosismo nas xogadoras era evidente e a balanza inclinouse finalmente do lado visitante para levarse a vitoria final neste quinto set (13-15).
Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Ángela, Evelyn, Adriana, Katy, Ana e Sheila (líbero). Tamén participaron Sara, Iria, Alba, Andrea e Sindy.

martes, 11 de xaneiro de 2011

Tralo nadal volve a competición regular:

Despois dunhas merecidas vacacións de nadal no seo do Boiro Voleibol volve a actividade na próxima fin de semana do 15 e 16 de xaneiro. Agardamos que os nosos retornen coas pilas totalmente cargadas para axudar a conseguir un bo puñado de vitorias nesta e nas vindeiras xornadas. Moito ánimo para todos e todas e comenzamos.


SÁBADO 15:

REDESYL BOIRO VOLEIBOL-CV VAGALUME
(Aprazado)-(2ª División autonómica masculina)

Encontro aprazado por petición expresa do cadro visitante que lle impedirá ós homes de Antón Pérez disputar o seu quinto partido nesta equilibrada e apaixoante liga de 2ª división. Por outra parte decir que o receptor noiés do Redesyl, Manuel Pérez "Cholo" padece definitivamente unha totura fibrilar nun dos seus aductores. Calcúlase a súa incorporación cos seus compañeiros tras 2-3 semanas según a evolución da doenza.  Os problemas musculares tamén afectan a Rubén Taibo "Mechas" na súa zona lumbar cunha contractura. Juan Resúa pola súa parte sufre un esguince de nocello que o apartará do grupo un período de 2-3 semanas. Paciencia e moita sorte para eles.

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL-UNIVERSIDADE DE LEÓN
(19:00h. "A Cachada")-(1ª División nacional masculina)

A actividade volve á Cachada
Dura batalla a que se espera nesta tarde de sábado no polideportivo de "A Cachada" xa que chega un dos equipos históricos da categoría como é o equipo leonés do AULE. Os de Emilio Palacio intentarán mostrar a súa mellor versión para gañar enteiros na loita polas dúas primeiras prazas da competición nacional, das que se atopan a unha soa vitoria. Para este encontro contarán coa baixa seguro de Iago Vidal e coa máis que probable de Miguel Vázquez, doente aínda dun esguince de nocello.


BOIRO VOLEIBOL-OS BACELOS DODRO
(19:30 h. Polideportivo municipal de Barraña)-(Liga provincial cadete feminina)

Encontro entre dous equipos igualados na táboa que servirá para decidir quén ocupará o segundo posto da mesma unha vez remate a contenda.


REYCA BOIRO VOLEIBOL-CALASANCIAS CORUÑA
(19:30h. Polideportivo municipal de Barraña)-(Liga galega cadete masculina)

Buscarán os de Andrés Martínez a súa segunda vitoria nesta liga galega cadete para demostrar a positiva evolución que dende o clube sabemos que levaron a cabo nas últimas datas.

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL-CALASANCIAS CORUÑA B
(Aprazado)-(2ª División autonómica feminina)

Imaxe de arquivo: 2009-2010
A última hora e por falta de xogadoras, o Calasancias apraza o partido para un día todavía por concretar. Seguramente un día da semana do 17 ó 21 de xaneiro. Confirmaremos día e hora. 








DOMINGO 16:
BOIRO VOLEIBOL-AD XIRIA ASESORÍA CERVANTES
(11:30 h. "A Cachada")-(Liga provincial xuvenil feminina)

Tamén igualadas a puntos se encontran estes dous conxuntos, polo que podemos prever que se tratará dun apaixoante encontro con alternativas dun e outro lado.

mércores, 5 de xaneiro de 2011

Convidados para o torneo de reis de Rianxo:



Torneo que organiza o clube rianxeiro aprobeitando a festividade destes días de nadal e ó que o Boiro Voleibol foi convidado para disputar os seguintes encontros o sábado 8 de xaneiro:

MEXILLÓN DE OURO VOLEIBOL RIANXO-BOIRO VOLEIBOL
(10:30h.Benxamín, alevín masculino e alevín feminino)

MEXILLÓN DE OURO VOLEIBOL RIANXO-BOIRO VOLEIBOL
(11:30h. Infantil masculino e infantil feminino)

MEXILLÓN DE OURO VOLEIBOL-BOIRO VOLEIBOL
(12:30h. Xuvenil masculino)

MEXILLÓN DE OURO VOLEIBOL-BOIRO VOLEIBOL
(16:00h. Xuvenil feminino)

ARQO VOLEIBOL RIANXO-HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(19:00h. Senior masculino)

martes, 4 de xaneiro de 2011

De novo na salección galega:

O BOIRO VOLEIBOL NA SELECCIÓN GALEGA:

Nesta ocasión os chamados son Ana Bugallo, convocada coa selección galega infantil feminina, e Francisco Dieste, presente na selección galega cadete masculina.
Ambos conbinados estarán concentrados no albergue de Gandarío (Sada) os días 3, 4 e 5 de xaneiro. Os nosos parabéns, e noraboa por esta oportunidade que vos brindan os técnicos da FGVB. Sabemos que a aproveitaredes ben para seguir aprendendo e mellorando como persoas e como xogadores.

Ana, no centro da imaxe

Fran, na dereita da imaxe


O REDESYL, DE VACACIÓNS:
O equipo que dirixe Antón Pérez, o Redesyl Boiro Voleibol, reanudará os seus adestramentos o próximo día 12 de xaneiro (mércores) por decisión técnica.

DÚAS LESIÓNS E UNHA RECUPERACIÓN:

Miguel voando
Producíronse nos últimos tempos dúas importantes e sensibles baixas  para os seus respectivos equipos xa que se trata de pezas moi importantes. Trátase dos dous receptores  Miguel Vázquez (Hipescar) e Manuel Pérez "Cholo" (Redesyl). O primeiro sufriu un esguince de nocello e o segundo padece dun problema muscular en aductores que o impide funcionalmente para a práctica do voleibol. Esperamos vervos pronto entre nós.


Non todo son mala novas xa que por outro lado o líbero boirense do Hipescar Adrián Alves "Chicho" retoma a actividade normal do grupo tras superar unha doenza no sóleo esquerdo que lle impedía adestrar con normalidade nas últimas semanas.


¡ÁNIMO!

sábado, 1 de xaneiro de 2011

¡Nova sección musical no blog!

Co novo ano chega unha nova sección ó blog do Boiro Voleibol. Trátase dunha lista de reproducción que entre todos poderemos ir modificando co paso do tempo coas vosas propias peticións. Podedes atopar o ítem na barra esquerda da propia web e seleccionar o tema que queirades escoitar. Deixade as vosas suxerencias na bandexa de entrada de mensaxes e adicade a canción que máis vos guste a quen queirades.


¿Quen se anima?