sábado, 26 de marzo de 2011

Resultados do 26 de marzo:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 BIG MAT SUEIRAS S. SAD.
(16-25,13-25,19-25)-(Liga galega xuvenil masculina)


O Trillizos cae ante o líder
Dolorosa maneira de rematar a liga galega xuvenil por parte dos nosos que cederon o partido en tres sets fronte o primeiro clasificado, o cal se mostrou moito máis sólido en defensa e polo tanto na construcción e na finalización dos seus ataques. O primeiro set comezou cun Trillizos que, erro tras erro, foise distanciando en contra no marcador. O segundo foi unha réplica do primeiro. Continuos desacertos en recepción que se reflexaron no ánimo dos nosos e cun San Sadurniño moi atinado en ataque motivo que lle spermitiu anotarse o segundo parcial. No terceiro a moral do Trillizos e o seu xogo foi en aumento pero esto non evitou que os de Ferrol se levaran o set e o partido. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Antón Pérez, Diego Romero, Martín Herrera, Miguel Lorenzo, Abel Sánchez, Daniel Vázquez e Adán Arsenio (líbero). Actuaron como reservas Fran Dieste, Xian Pérez e Lois Vázquez.
(Crónica de Daniel Vázquez)

REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 SUACASA SAN SADURNIÑO
(20-25, 13-25, 20-25)-(Liga galega cadete masculina)


O Reyca cae ante o Suacasa
Derrota por 0-3 do equipo cadete masculino. O encontro comezaba cos nosos atinados e co rival desconcentrado, motivo polo cal lles permitía ós nosos comezar cun claro 7-0. Así a cousa, os visitantes reaccionaron para levarse o parcial. No segundo o Reyca cometeu bastantes erros na defensa e na culminación do ataque, pola contra o equipo ferrolano mantívose e acabaron por anotalo tamén. No terceiro os nosos intentaron plantar cara ós visitantes, mais a experiencia do Suacasa San Sadurniño fixo que estes últimos se anotasen a vitoria por 0-3. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Fran Dieste, Raul Lojo, Lois Vázquez, Abel Sánchez, Xian Pérez, Óscar Refojo e Alfonso Rey.

(Crónica de Daniel Vázquez)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 1-3 INTASA SAN SADURNIÑO B
(18-25,25-14,18-25,21-25)-(2ª división autonómica masculina)

O filial masculino cede ante o San Sadurniño
Derrota do equipo filial masculino nesta última xornada da 2ª división autonómica masculina ante o Intasa San Sadurniño B. Comezaba o encontro cos pupilos de Antón Pérez totalmente desconectados e co ánimo polo chan. Esta situación significaba unha vantaxe clara para os visitantes que chegaron a mandar por 10 puntos de diferencia (1-11). A partires deste momento o Redesyl dou un paso ó frente, máis non foi suficiente e acabaría cedendo o parcial por 18-25. No 2ª o equipo sufriu un lavado de cara. Aumentou a intensidade e o ánimo xeral do equipo e o xogo mellorou exponencialmente. Estas circunstancias, sumadas ós continuos erros dos ferrolanos facían que o set caera en saco boirense por un claro 14-25. No 3º xogo volveron as malas costumes nos de Boiro. A deficiente recepción non permitía construir con garantías e o K2 dos de Eloy Mahía dominou por completo a situación nos dous seguintes sets para levarse o encontro por 1-3. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito" (4 puntos), Diego Romero (3), Xavier Sarille (20), Fran López "Chepe", Antón Pérez (4) e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Tamén xogaron Luis Lustres (2), Manuel Pérez "Cholo" (10), Alén García (3), Martín Herrera (2) e Juan "Mande" (2).

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 SAN SADURNIÑO
(25-15,25-21,25-14)-(2ª división autonómica feminina)

O Proboin, campión
Vitoria en tres sets do Proboin, primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol que na tarde de onte se proclamou campión da 2ª división autonómica feminina nun ateigado polideportivo de "A Cachada". Non deron opción as de Andrés Martínez ó San Sadurniño sabendo a trascendencia e a importancia coa que contaba o encontro. Comezaba a contenda coas boirenses atinadas na construcción e facendo moito dano co servicio na recepción visitante, motivo que ampliaba paulatinamente a diferencia no luminoso ata chegar ó 25-15 final.  No segundo set as ferrolanas pisaron o acelerador para poñer en apretos ó Proboin mais a orde defensiva, a efectividade e continuación no seu K2 e a intensidade no seu xogo facían imposible a reacción visitante. O desenlace sería de 25-21 a prol das nosas. No terceiro non habería historia. Da man dunha entregada bancada e mostrando as súas mellores cartas as rapazas do Proboin rematarían con contundencia a faena para levantar o ansiado título diante da súa afección e cantar aquelo de "campeonas, campeonas oe oe oe" xunto con tódolos alí presentes. Noraboa nenas, ben merecido o tendes. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Alicia Novoa, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Anael Gómez, Sara Martínez, Leonor Lorenzo.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Proboin Boiro Voleibol18162052121526120934
2Acersa Voley Arteixo18153049141466116833
3Emeve Lab. Nupel B17134040211358127530
4San Sadurniño18117042291566139629
5Comercial Durán18117039281487138829
6XAV Cambados17710025381300141624
7Calasancias Coruña B18612025411333147824
8Autos Rico UDC A18513026411396150423
9CD Conxo17413022471387156321
10Dompa Gestión170170251891131317

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-2 INTASA SAN SADURNIÑO
(32-30,22-25,21-25,25-12,15-11)-(1ª división nacional masculina)

Tarde de festa na Cachada
Vibrante e emocionante encontro o que se presenciou na tarde de onte nun repleto polideportivo de "A Cachada". O encontro serviría para que os rapaces do Hipescar lle ofreceran o título ligueiro ós siareiros boirenses que ateigaron as bancadas mais finalmente o partido se acabaría convertindo nunha apaixoante "final" debido ó incrible ambiente que alí había. O encontro comezaba con máxima igualdade. Os ferrolanos mostraban o seu poderío polo centro da man de Rafael de Souza o cal convertía en punto cada balón que atacaba. A resposta dos boirenses viría da man do receptor Cristóbal Álvarez, inspiradísimo na tarde de onte e que mantería ó seu equipo no primeiro parcial cando chegaron os momentos importantes do mesmo. Unha acción acertada en contraataque dos boirenses decantarían o primeiro para o Hipescar por 32-30. Os dous seguintes sets foron similares. Os visitantes mantiveron un bo nivel de recepción e ataque polo medio. O Hipescar cometeu múltiples erros que permitían ó Intasa San Sadurniño anotarse o segundo e o terceiro e colocarse cun 1-2 favorable. Cos boirenses contra as cordas foi cando o equipo respondeu. O cuarto set foi un claro reflexo das cualidades do equipo que dirixe Emilio Palacio. Mestría na recepción, boa construcción a pesar da baixa do colocador titular Iván Souto "Pas", contundencia no ataque polas alas cuns inspirados Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero e Narciso Abalo e forte bloqueo da man de Óscar Gómez significaron unha clara vitoria por 25-12 no cuarto set. Cos mesmos ánimos se comezaba o tie-break. Unha boa xeira de servicios de Jesús Vázquez "Pivot" faría posible distanciarse no tanteador no inicio, causa que marcaría o desenlace que caería de lado local por 15-11. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Daniel Eiras, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez, Jesús Vázquez "Pivot", Óscar Gómez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Tamén xogaron Andrés Martínez, Ignacio Cibeira, Gustavo Romero, Manuel Pérez e Antón Pérez.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Hipescar Boiro Voleibol16133044191458126829
2Universidad de Valladolid16115038251411128527
3Club Vigo Voleibol B16106032271311123226
4CV Rianxo1697034271395132225
5Intasa San Sadurniño1697032281325129225
6CID Jovellanos1688032321421140424
7Aule16610029361358147422
8Zalaeta16511021371234133321
9Auria Vella Voleyourense16115015461160146317

17 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Noraboa ás nenas do Proboin polo merecido título, ahora a dar caña na fase de ascenso.

Ós meus compañeiros...que dicir, incribles momentos, partidos, festas, celebracións, etc...este equipo merece máis seguro.

Á afección...non hai palabras para expresar o de onte, nunca tal vin. O que onte alí pasou é un claro síntoma do que está medrando este club. IMPRESIONANTE!!

Agora a adestrar duro para a fase e a rematar esto como se merece, con vitoriasss

FORZA CV BOIRO!!!

Meii dixo...

ENHORAWEEEENA NiiiiiÑAS!!! :D :D
un placeeer todo este año kon vosotras...haceis disfrutar al maximo de este deporte...siempre...y pase lok pase siempre estamso ahi..a pesar de los bajones,los cansancios,...:D
Os kiero un montón...somos un ekipo dentro y fuera del campo...TODAS... y eso no siempre ocurre...cada una pone ese graniito de arena k en momentos determinados es el cambio k necesitamos.. :)
Muchisimas gracias por todo,chicas. y sorry por otros momentos de presion.. :S jijiji...
y ENORAWENAAA!!! QUE VAMSO A KEMAR LA FASE Y NOS VAMOS A PRIMERAAAA!!! :D :D :D ai k konfiaar! :P

ENORAWEEENA CHIKOOOS!!! que una vez mas no dejais de sorprendernos.. :D sois los mejores

Que club máaas grandeeee!!!! :D
un saludo.

Meii!!

Rebe dixo...

gracias chicas y gracias a todo el club por lo bien que os portasteis conmigo, nunca tuve una mala palabra de nadie de este club.
gracias por la poca liga que disfruta con vosotras que me hicisteis sentir como siempre, en casa.
ahora vamos a la fase y aunque subams a primera o quedemos en segunda este año nos la vams a llevar.


felicidades también a los chicos y espero que subais a FEV y quemeis Murcia xD.

un saludo de la que se llevó el jamón pa casa jejeje

Jesus_pivot dixo...

Enhorabuena a las chicas por el titulo.
Muchisimas gracias a todo el mundo que vino ayer por la Cachada para animar los equipos del club, en especial a aquellos que vienen siempre, es un verdadero placer tener gente viendo el partido, y que esa gente que te vea sean compañeros y amigos, los que no practican este deporte y ayer estuvieron alli dijeron que se lo pasaron en grande que no se esperaban un ambiente tan bueno.Muchas gracias por el animo que recibí yo especialmente, sois enormes.( pivot, pivot pivot....)

Andrés "Araña" dixo...

Mira que llevo algunos añitos en esto del voley y nunca había vivido ni sentido lo de la tarde del sábado en la cachada, con ese público tan entregado y disfrutando de este bonito deporte. Grandes las chicas que no dieron ninguna opción. Grandes los chicos por ese apasionante partido y SUPERGRANDE esa tremenda afición que abarrotó el pabellón y disfrutó con esa gran fiesta de fin de temporada. Somos una gran familia y un gran club. Un abrazo d8p.

Capi dixo...

Qué grandeis sois, xicas!!! Enhorawena por tan merecido título liguero!! El esfuerzo, las ganas, el buen juego y el SUPER BUEN ROLLO nos han llevado hasta lo más alto...gracias a todas por vuestro granito de arena!!!
Y como no, felicidades a los xicos, que van pisando muy fuerte!!
Y a los de segunda, aunque no pudo ser, sois un muy buen ekipo y podeis conseguir muxo JUNTOS...ánimo!!
Gracias al resto de compañeros y aficcionados que estuvieron con nosotros en este día tan importante...
P.D: muxa suerte pa nuestras pekes en el enfrentamiento contra Comercial Durán, poodeemoos!!!!

Diablo dixo...

bueno, lo primero dar la enhorabuena a las chicas, acabaron la liga pasando por encima a su rival y demostrando por que quedaron campeonas de liga.
a los chicos de segunda mas que animo os diria paciencia, seguir entrenando y trabajando, cuando menos lo espereis eso dará sus frutos.
a mi equipo que decir mas, hacia tiempo que no disfrutaba jugando y entrenando como lo he hecho este año, me quito el sombrero ante todos ellos, gracias por recordarme por que elegí jugar al voley.
como no, por ultimo gracias a la cachada, perdón a LA CACHADA. lo del partido es algo para recordar. en un deporte minoritario como es el nuestro tener una grada así no tiene calificativo. si con mis compañeros me quitaba el sombrero con LA CACHADA me quito el craneo.

Brasi dixo...

FELICIDADES ós dous equipos polo campeonato.
a verdad que o pasamos moi ben o sábado na grada entre a charanga, cánticos a pivot (como te crecías cando ibas ó saque eh!! jajaj), e o partido que estuvo genial (partidaso de Cristóbal, que cabrón!! jajaj) o tempo pasou rapidísimo, estaba vendo que iban prenderlle lume a pista para cerrar o pavillón jejej
aora a desFASAR xD
PD: enseñadelle a Alén cando ten que aplaudir e cando ten que silbar ó outro equipo que non o tiña moi claro, verdad alén???

BlackBandana dixo...

ENHORABUENA CAMPEONAS!!!!
Muchas felicidades a las chicas, tiene mucho mérito que al principio casi no se pudiera hacer equipo por falta de gente y que al final salierais adelante y de esta forma,OLE,OLE y OLE!
Lo de los chicos de primera es increíble,aun con la liga en el bolsillo os pusisteis peleones y os llevasteis el partido,grandes!!!

La fiesta vivida el sábado en el pabellón fue increíble!nunca había visto algo parecido en un partido,nos lo pasamos en grande de principio a fin...inolvidable!

P.D: Brasi,lo que pasa en la grada se queda en la grada cabronazo!Sí,había tanto follón en la grada que yo aplaudía a los de Boiro,a los de Sansa,a la charanga,a los que repartían jamones,a Pivot...jaja

PIOJITA dixo...

Poco más que añadir!!!!!!!La verdad es que como dice Alén, casi no pudimos hacer equipo, y no creo que mucha gente diera un duro por nosotras en el mes de octubre. Pero con un equipo de poca gente pero comprometida fuimos capaces de lo mejor.
Rebe...como diría Anael "Que bueno que viniste" :-), aunque ya sabes que pienso que esta liga se te queda pequeña,sobre todo depués del recital que diste el sábado que por fin conseguiste soltarte. Bueno recital tuyo y de Ali que menudos gorrossssss.
Ahora a disfrutar, que una liga no se gana siempre, y menos con ese ambientazo
Hasta el viernes y..............
QUE BOTE, QUE BOTE, QUE BOTE LA CACHADA

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Noraboa o equipo feminino e masculino polo espectáculo ofrecido o pasado sábado en A Cachada.
Parabéns aos adestradores polo seu traballo e polo seu "saber estar" no campo (que tome nota o adestrador do San Sadurniño)
Grazas polo poder de convocatoria deste clube e á súa directiva.
Grazas tamén pola plancha DHG con suela antiadherente, control de temperatura e opción de planchado con vapor e seco (xa vos irei contando que tal vai)
Ánimo e a seguir currando a tódolos demáis equipos.

Anónimo dixo...

Xabi, postos a agradecer, lémbrate tamén dos que colaboran na páxina coas súas fotos, coas crónicas dos partidos, dos que van a animar sempre etc, etc.....
Ben sei que o teu "bó dente" dezano houbera preferido o xamón que levou Rebeca, pero..... o animal era coxo.
Bugallo

Eloy dixo...

Hola Campeons/as, Noraboa por enésima vez, polo campionato e polo traballo feito, impresionante o do sábado un bon partido para darlle emoción esa grada o merecía.
O partido das chicas notouse que estaba xogando o equipo campeón non tivemos opción.
No partido de segunda masculina pois so podo destacar o bon partido que fixo Xavi do resto pois non foi una gran partido nin por un lado nin polo outro, a ver si estas plantillas tan xovenes van para arriva.
E cos pequenos a seguir dándolle xa lles falta pouco hay leña da boa para cocer.
Veña a seguir disfrutando desta gran tempada que fixestes e a prepara ben esas fases.

parabens a todos os que traballaron para aranxar esto.

Unha aperta.

PD: Xavi,Descoida tomo nota...

xaVi dixo...

Descoido tomo nota?
eu son xavi con V, e non estou rexistrado en ningun rollito de estos, que tomas nota... jajajajaja tomo como unha ameaza ou ? veña logo

Noraboisima os dous primeiros equipos, polo traballo, pola constancia e pola calidade humana que hai neste clube, penso que de aquí non me movo !

Xabier Vázquez Parcero dixo...

As opinións asinadas neste blog co nome de XABIER (con "B") responden á miña persoa Xabier Vázquez e non a "Xavi".
Considero oportuno facer esta aclaración, para evitar atribucións indebidas a outra/s persoa/s como aconteceu co meu comentario data 28-03-2011.
Un saúdo para todo o club e a seguir coa colleita de triunfos

Eloy dixo...

Hola bo día:

XABIER dixo:
"Parabéns aos adestradores polo seu traballo e polo seu "saber estar" no campo (que tome nota o adestrador do San Sadurniño)"

O tema é iste e se alguén pide que tome nota de esto, non hay dúbida que é un bo consello e asi o tomo, coido que é un bon espello donde mirarse... NADA MAIS... sexa quen sexa o que o diga con "V" ou con "B".

Grazas Xa"B"ier pola aclaración e grazas polo consello.

A seguir disfrutando.
Saudos a todos.

Anónimo dixo...

noraboa as rapazas e aos rapaces sodes grandissimos un abrazo a todos



ARSENIO