luns, 20 de abril de 2015

O JEALSA XM SUBCAMPIÓN GALEGO E CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA:

O JEALSA, ao Campionato de España Xuvenil
Por primeira vez na historia un equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol disputará un Campionato de España de clubes. Será entre os días 6 e 10 de maio na cidade andaluza de Almería que tan vencellada está nos últimos tempos á nosa entidade. A clasificación para o Nacional chegaba no play-off da LGXM onde o JEALSA se medía a Club Vigo, Burgas Voleibol i EMEVÉ no Polideportivo olívico de Coia. O debut prodúxose ante o equipo anfitrión nun encontro de alta tensión no que os vigueses cedían ós primeiros sets en toda a temporada. O bloqueo e a gran actuación defensiva dos boirenses poñían contra as cordas ó campión da fase regular que se levaba o triunfo nun reñido tie-break gracias ó seu saber estar e a unha actuación espectacular do seu líbero Mario Dovale. O segundo encontro comezaba escasos minutos máis tarde e o cansazo sería o principal enimigo do JEALSA. Tralo tropezo do primeiro set por 24-26 os de Adrián Alves afinaron a súa puntería e levaríanse as tres mangas restantes con relativa comodidade. Na mañá do domingo (10:00h) chegaba a hora da verdade. EMEVÉ e JEALSA mantiñan as súas posibilidades intactas pero os nosos estiveron máis atinados para levarse o partido en tres sets e conseguir o tan ansiado billete para o campionato estatal. Consulta tódolos resultados do play-off polo título neste enlace.

mércores, 15 de abril de 2015

O JEALSA XA COÑECE OS HORARIOS DA FASE FINAL DO CPTO. GALEGO XUVENIL:

SÁBADO 18:

ASESORES VILA CASTRO - EMEVÉ
(10:00h, PM de Coia)-(Fase Final do Cpto. Galego Xuvenil Masculino)

CLUB VIGO VOLEIBOL - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM de Coia)-(Fase Final do Cpto. Galego Xuvenil Masculino)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO
(17:00h, PM de Coia)-(Fase Final do Cpto. Galego Xuvenil Masculino)

CLUB VIGO VOLEIBOL - EMEVÉ
(19:00h, PM de Coia)-(Fase Final do Cpto. Galego Xuvenil Masculino)

DOMINGO 19:

EMEVÉ - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM de Coia)-(Fase Final do Cpto. Galego Xuvenil Masculino)

ASESORES VILA CASTRO - CLUB VIGO VOLEIBOL
(12:00h, PM de Coia)-(Fase Final do Cpto. Galego Xuvenil Masculino)