martes, 3 de decembro de 2013

SEPTETO IDEAL DA XORNADA, SÁBADO 30-11-2013:

Xa están aquí os destacados da xornada no Boiro Voleibol
Xa está aquí o equipo ideal da semana seleccionado de entre tódalas categorías do Boiro Voleibol. Alá imos. Colocadora, Lea Gatbache: sobresaínte levando a manixa do seu equipo a pesar da súa xuventude e un constante pesadelo para o XAV Cambados dende a liña de saque. Lea foi un dos piares sobre os que se apoiou o terceiro triunfo do JEALSA nesta 8ª xornada da LGXF. Oposto-Colocador, Rubén Martínez: o pequeno da saga dos Martínez brillou con luz propia no encontro que os nosos cadetes gañaron ante os veciños rianxeiros do Mexillón de Ouro. Atínadísimo en saque, intelixente na dirección e efectivo en ataque foi, sen lugar a dúbidas, un dos destacados da xornada. Receptora 1, Sara Castaño: o tino en servicio da rianxeiro axudou de maneira clara a que as nosas xuvenís dominasen o econtro ante as cambadesas convertindo nun seguro de vida para as de Mario Iglesias a súa rotación de saque. Receptor 2, Miguel Vázquez: 14 puntos de ataque (56% de efectividade), 1 bloqueo e un 85 % en recepción son os datos que constatan o gran partido do canteirán ante o AD Cáceres Extremadura. Central 1, Emilio Palacio: espectacular encontro do multiusos do Náutico que lle sirve para entrar no 7 ideal da xornada da RFEVB. 12 puntos de ataque sobre 16 intentos (75%), 1 ace e 3 puntos de bloqueo directo son as credenciais presentadas por Emilio para ser probablemente o mellor xogador da fin de semana. Central 2, Gabriel Seijas: foi o faro en ataque do JEALSA. Contundente dende posición 3 desestabilizou a defensa rianxeira no derbi correspondente á LGCM. Líbero, Felipe Resúa: xa un habitual entre os destacados de cada xornada. A súa presencia dalle un salto de calidade ó novísimo plantel do Redesyl, proba delo o seu excelente encontro ante o Mexillón de Ouro. Atinado en recepción e traballador en defensa Felipe merece o galardón simbólico de figurar unha semana máis no #7idealBoiroVoleibol.