sábado, 28 de xaneiro de 2012

RESULTADOS DO 28 E 29 DE XANEIRO:

BOIRO VOLEIBOL 3-0 CD CONXO
(25-23, 25-16, 25-16)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes doblegan ó CD Conxo
As de Emilio Palacio seguen evolucionando a base de triunfos nesta liga provincial cadete feminina. Nesta ocasión a vítima foron as santiaguesas do CD Conxo que pereceron ante o bo facer das boirenses que non cederon nin un parcial. A constancia no servicio por parte das nosas, particularmente de Ana Bugallo, facía imposible a réplica santiaguesa que, unha e outra vez, erraba na recepción e imposibilitaba a construcción das colocadoras visitantes. Con esta vitoria afianzan as nosas rapazas a súa confianza de cara a vindeiros compromisos para seguir mantendo a tendencia ascendente. Polo Boiro Voleibol xogaron: Ana Bugallo, Melissa Novoa, Sara Bugallo, Alejandra Galbán, Emma Ordóñez, Antía Sampedro e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Isabel Gómez e Claudia Pinaque.

REYCA BOIRO VOLEIBOL 2-3 CALASANCIAS CORUÑA
(25-20, 18-25, 25-23, 24-26, 10-15)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca non pode co Calasancias
Dura derrota a que sufriron os cadetes do Boiro Voleibol neste encontro correspondente á 12ª xornada da liga galega. As imprecisións e nerviosismo en momentos importantes do encontro non permitirón ós nosos anotarse a vitoria, como por exemplo no cuarto parcial onde os erros no servicio poñían en bandexa a vitoria ós herculinos. Foi un encontro que gañou o que menos erros cometeu, marcado polas inexactitudes dos xogadores de ámbolos dous equipos durante todo o partido. Toca reflexionar, aprender dos erros cometidos e plantar cara nas próximas citas da liga galega para seguir tendo opcións de clasificarse entre os catro primeiros da competición. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Tamén xogou Dani Gey.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 2-3 CV VAGALUME
(22-25, 25-14, 25-15, 18-25, 12-15)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl debe levantarse tras esta dura derrota
Chega a segunda derrota da temporada 2011-2012 para o equipo filial masculino do Boiro Voleibol e faino dun xeito tan doloroso como é sempre caer no tie-break. O rival, o sempre combativo CV Vagalume, pesca estes dous puntos na Cachada para recordar que estamos ante o vixente campión da categoría. O encontro comezaba con desconcerto nos nosos froito dun erro na rotación. Esta situación poñía en bandexa a vitoria parcial ós visitantes para tomar a dianteira no encontro. No segundo parcial os nosos melloraron. Conscientes do que se estaban a xogar e sabendo da importante baixa de última hora do experimentado oposto Ignacio Cibeira o grupo conxurouse para anotarse o 2º e 3º set baseándose nunha elevada intensidade. A partires de aquí os de Felipe García desapareceron da pista. A excesiva relaxación e temeridade facían que con constantes erros os ferrolanos se fosen facendo co partido. Chegado o tie-break o peso da responsabilidade caíu nas costas dos boirenses que, sendo incapaces de negociar esta situación, perecían para tristeza dos nosos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Martín Herrera, Pablo Suárez, Xavier Sarille, Diego Romero e Adrián Armental (líbero). Tamén xogaron Dani García, Fran López, Felipe Resúa, Juan Mande e Alén García.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 AULE (León)
(25-18, 25-19, 25-19)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico vence 3-0 ó AULE (León)
Vitoria en tres sets do primeiro equipo masculino ante un sempre duro rival como son os leoneses do AULE nun polideportivo da Cachada que mostraba unha moi boa afluencia de público. Chegaban os de Emilio Palacio co desexo de ir recuperando sensacións no seu xogo de maneira paulatina e progresiva e parece que o obxectivo se está a cumplir. Sen mostrar a cara máis brillante do equipo os boirenses conseguían comezar o primeiro xogo con efectividade na súa recepción e cunha transición ó ataque sobresaínte. Boa actuación neste parcial do central Pablo Suárez e do oposto Narciso Abalo, convertíndose en principais bazas de ataque para o Náutico. No segundo set perduraban as sensacións do primeiro. Boa construcción do ataque dos locais que perforaba o entramado defensivo do AULE imposibilitando oportunidades de contra que fixeran dubidar ós boirenses. Cabe destacar tamén a melloría no servicio dos nosos, comandados neste apartado por Cristóbal Álvarez e Iván Souto. No inicio do terceiro a relaxación froito do estado no luminoso fixo dano ós boirenses. Catro recepcións negativas no arranque poñían o luminoso cun 1-6 para os visitantes. Tras un tempo morto o técnico local axustou o esquema e de contado se recuperaba a distancia, chegando incluso a rematar o xogo sen apuros (25-19). Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Pablo Suárez, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Daniel Agra, Antón Pérez, Miguel Vázquez e Gustavo Romero.


AUTOS RICO UDC A 3-0 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-10, 25-23, 25-21)-(2ª Div. Autonómica feminina)
As rapazas non consiguen asaltar Elviña
Clara derrota na cancha do colíder da competición nun partido onde as boirenses non souberon estar á altura do xogo que teóricamente deberían desenrolar. Comezaron cometendo demasiados erros ante un equipo ordeado en defensa e cun saque moi efectivo. Isto provocou unha derrota abultada no primeiro set. Leve reacción de O Secreto no 2º e 3º set que non serviu para anotarse a vitoria en ningunha das mangas. Erros continuos en saque e recepción e mala elección e definición do ataque lastraron excesivamente o xogo das nosas. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Elena García, Ángela Fernández, Alicia Novoa, Rebeca González, María Triñanes e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Ana Bugallo, Sara Bugallo, Katy Sampedro, Luisa Ferreirós e Andrea Barreiro.

xoves, 26 de xaneiro de 2012

DOUS EX DO CLUB CARA A CARA NA COPA DO REI:

Óscar Gómez ante CV 7 Islas Vecindario (www.rfevb.com)
Esta tarde (18:00h) dous ex xogadores do Boiro Voleibol competiron nos cuartos de final desta 37ª edición da Copa do Rei na que están presentes os oito mellores equipos do panorama nacional. Os protagonistas foron Pablo Bugallo, xogador nado en Boiro e criado na canteira local que defende as cores do CMA de Soria, e Óscar Gómez, central que estivo no primeiro equipo as dúas últimas tempadas e recente fichaxe do Club Vigo Voleibol. O resultado foi de 3-1 (25-22, 25-18, 22-25, 25-11) para os sorianos.

mércores, 25 de xaneiro de 2012

XORNADA DO 28 E 29 DE XANEIRO:

SÁBADO 28:

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR
(A partires das 10:00h, Noia)-(Benxamín, Alevín e Infantil)

BOIRO VOLEIBOL - CD CONXO
(11:00h, A Cachada)-(Liga provincial cadete feminina)

REYCA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(16:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete masculina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - CV VAGALUME
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - AULE (León)
(18:00h, A Cachada)-(1ª Div. Nacional masculina)

DOMINGO 29:

AUTOS RICO UDC A - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Polideportivo Univ. Elviña)-(2ª Div. Autonómica feminina)

sábado, 21 de xaneiro de 2012

RESULTADOS DOS ENCONTROS DO 21 E 22 DE XANEIRO

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 1-3 ZALAETA B
(13-25, 21-25, 25-21, 6-25)-(2ª Div. Autonómica feminina)
O Secreto cae na Cachada
Derrota do primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol ante as coruñesas do Zalaeta B. As nosas afrontaban o encontro con importantes baixas como as de Ángela e María Triñanes ou Carla Castro polo que o equipo se completaba con xogadoras cadetes e incluso infantís como é o caso de Sara e Ana Bugallo respectivamete. A recepción boirense sufriu durante todo o encontro polo que a distribución non era sinxela para as nosas colocadoras. Escapábanse deste xeito os dous primeiros parciais sen que as rapazas de O Secreto puidesen plantar cara ás herculinas. No terceiro víase un cambio de actitude nas nosas provocada en gran medida pola omisión de erros de recepción e servicio. Destacar tamén a aportación neste xogo da receptora Rebeca González cunha excelente xeira en ataque. No cuarto volvían as pantasmas do inicio. Nerviosismo en recepción e inseguridade en ataque poñía en bandexa a vitoria ás visitantes. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Elena García, Alicia Novoa, Ángela Fernández, Andrea Barreiro, Rebeca González e Ana Bugallo (líbero). Como reservas estaban Luisa Ferreirós e Sandra Lojo.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-2 UNIVERSIDADE DE BURGOS
(22-25, 25-19, 22-25, 25-19, 15-7)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico soubo sufrir para conseguir un vital triunfo
Sufrido o triunfo que o Náutico Boiro Voleibol conseguiu ante o Universidade de Burgos nun encontro entre rivais directos pola pelexa dos postos altos da táboa clasificatoria da 1ª división nacional masculina. O equipo comezaba con dúbidas froito do nerviosismo nos seus xogadores. Esta situación era aproveitada ás mil maravillas polos burgaleses que co seu alto bloqueo intimidaba ó ataque boirense unha e outra vez para anotarse o primeiro set. O segundo comezaba cos nosos máis atinados e efectivos en ataque. Mediado o set o Náutico xa tiña encarrilado o parcial gracias a dous bloqueos directos: un por parte de Pablo Suárez e outro conseguido por Narciso Abalo. No terceiro viuse a peor cara dos de Emilio Palacio. Sufrindo en recepción coma poucas veces non podía o colocador Iván Souto xogar coa soltura habitual e distribuir comodamente o xogo local. O desenlace era idéntico ó vivido no primeiro set (22-25). A partires deste momento os locais conxuráronse para non deixar escapar os dous puntos da vitoria e seguir de preto a estela do Intasa San Sadurniño. Con efusividade e alegría conseguiron os nosos anotarse os dous parciais restantes sen moitos problemas para baixar o telón desta sufrida cita para os boirenses. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Pablo Suárez, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Emilio Palacio, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Daniel Agra.


CV OURENSE 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-22, 25-23)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca rinde moi por debaixo das súas posibilidades
Mal encontro do noso equipo cadete masculino na súa visita a terras ourensás na mañá deste pasado domingo malia conseguir un resultados parciais moi axustados. Constantes erros en ataque, servicio e falta de concentración facían que chegados os momentos importantes e decisivos dos xogos os nosos desen un paso atrás para ledicia dos locais. Cabe destacar a boa aportación en ataque do receptor Xian Pérez que puxo contra ás cordas á defensa ourensá en case que todo o encontro. Despois desta derrota o equipo de Adrián Alves deberá traballar duro para preparar a visita o vindeiro sábado do Calasancias Coruña. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Gatbache (líbero). Tamén xogou Dani Gey.


CV OURENSE 3-1 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-15, 22-25, 25-22, 25-22)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos plantou cara en Ourense
As malas sensacións do equipo cadete prolongábanse nos inicios do encontro xuvenil posto que gran parte deste equipo fórmano xogadores en idade cadete. As imprecisións por parte dos nosos poñían en bandexa a vitoria no primeiro parcial para os locais. No segundo set o xogo dos nosos mellorou. Cunha actuación destacable do colocador Daniel Vázquez que encontraba sempre a mellor opción para a saída de ataque o Trillizos conseguía imporse no set e meterse por primeira vez no encontro. No terceiro set o xogo dos nosos non era tan bo coma no segundo pero conseguiron poñer contra as cordas a un equipo máis rodado e con máis experiencia (25-22). O cuarto set foi de total dominio boirense case que ata o fin do mesmo. O Trillizos encontraba o camiño que o equipo levaba buscando todo o encontro e chegaba a situarse 8 puntos por riba no luminoso. Chegados a este punto estas boas sensacións disipáronse para dar paso a apatía, nerviosismo e inseguridade. O resultado final trala remontada do CV Ourense foi de novo de 25-22. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Martín Herrera e Abel Sánchez (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Dani Gey, Miguel Lorenzo, Lois Vázquez e Adrián Outeiral.


CV OURENSE B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-22, 10-25, 20-25, 8-15)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl sufre, pero gaña
Máis complicada do desexado a vitoria que o equipo filial masculino do Boiro Voleibol conseguía nesta mañá do domingo en Ourense a onde viaxaban con múltiples baixas. O inicio do encontro foi moi complicado para os homes de Felipe García. Apatía, desmotivación e lentitude eran os descriptores do visto no ximnasio do IES Ferro Couselo nos dous primeiros sets que rematarían con vitoria local. A partires deste momento os boirenses, sendo conscientes do que se estaban a xogar, melloraron exponencialmente en actitude. Cun gran Pablo Suárez en bloqueo o equipo camiñaba paso a paso para conseguir a remontada e seguir deste xeito pelexando polo liderato da categoría. Chegado o tie-break o Redesyl non quitou o pé do acelerador e gracias á intensidade e ánimo xeral conseguiuse que a vitoria caese no noso peto. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Pablo Suárez, Martín Herrera, Xavier Sarille, Diego Romero e Adrián Armental (líbero). Como reservas agardaban o seu momento Dani García, Ignacio Cibeira, Juan Mande, Raúl Lojo e Xian Pérez.

mércores, 18 de xaneiro de 2012

ENCONTROS DA XORNADA DO 21-22 DE XANEIRO:

SÁBADO 21:

XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR
(A partires das 10:00h, Noia)-(Benxamín, alevín e infantil)

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - ZALAETA B
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica feminina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - UNIVERSIDADE DE BURGOS
(18:00h, A Cachada)-(1ª Div. Nacional masculina)

DOMINGO 22:

CV OURENSE - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(09:30h, IES Ferro Couselo)-(Liga galega cadete masculina)

CV OURENSE - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, IES Ferro Couselo)-(Liga galega xuvenil masculina)

CV OURENSE B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, IES Ferro Couselo)-(2ª Div. Autonómica masculina)

luns, 16 de xaneiro de 2012

PABLO BUGALLO NO 7 IDEAL DA SUPERLIGA:

7 ideal da xornada 11 da Superliga española
O central saído da canteira do Boiro Voleibol Pablo Bugallo, xogador do actual líder da Superliga española masculina (CMA de Soria), foi incluido no 7 ideal da Real Federación Española de Voleibol da xornada 11 da máxima competición española a nivel de clubes no encontro que enfrontaba ós sorianos con Voley Guada e que remataba cun claro 0-3 (17-25, 19-25, 16-25) para os numantinos. Cabe destacar tamén que Pablo foi nomeado máximo bloqueador da xornada con 5 tantos a pesar de que tan só xogou dous sets. Noraboa Pablo e a seguir no máis alto. Para consultar a estadística do encontro preme aquí.

domingo, 15 de xaneiro de 2012

RESULTADOS DO 14-15 DE XANEIRO:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVÉ
(18-25, 15-25, 22-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos tropeza ante o EMEVÉ
Clara derrota do equipo xuvenil masculino nesta reanudación da competición ligueira tralo parón do nadal. Comezaba o encontro con moitas imprecisións e con ámbolos dous equipos cometendo un gran número de erros. O eficaz servicio lucense facía dano na recepción boirense o que impedía que os colocadores locais distribuisen con claridade o xogo dos seus. Esta foi a tónica dominante nos dous primeiros sets e malia que o Trillizos mellorou no terceiro e derradeiro os dous puntos da vitoria marcharon para Lugo pola vía rápida. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Martín Herrera, Alfonso Rey e Adrián Outeiral (líbero). Como reservas estaban Lois Vázquez, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Ismael Martínez e Dani Gey.

REYCA BOIRO VOLEIBOL 1-3 EMEVÉ
(25-20, 14-25, 16-25, 20-25)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca cae dos postos de fase final
O encontro entre boirenses e lucenses comezaba cos nosos moi concentrados e mandando tanto no xogo coma no luminoso. A distribución de Ismael Martínez na colocación facía que a renta tomada mediado o set fose suficiente para cerrar a primeira manga. A partires deste momento os nosos baixaron o nivel de agresividade permitindo ó EMEVÉ volver a ter opcións e anotarse os tres seguintes parciais. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero), Como reserva estaba Dani Gey.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 EMEVÉ B
(25-0, 25-0, 25-0)-(2ª Div. Autonómica masculina)

INTASA S. SADURNIÑO 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 25-19, 25-22, 25-23)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico perde a imbatibilidade
Derrota do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol no que era o partido estelar da xornada de 1ª división nacional masculina. Nel enfrontábanse os dous primeiros clasificados que ata o día de hoxe se atopaban igualados na táboa clasificatoria. Viaxaban a San Sadurniño os de Emilio Palacio con múltiples baixas respecto a semanas anteriores. Sumadas ó fichaxe de Óscar Gómez polo Club Vigo Voleibol había que engadir tamén as do receptor Manuel Pérez, a do colocador Daniel Eiras e a do central Antón Pérez. Comezaba o encontro moi igualado onde en todo momento se impoñían os ataques ás defensas. Unha boa xeira en bloqueo dos boirenses permitía estar en disposición de cerrar o primeiro parcial para adiantarse no luminoso. A partires deste momento a intensidade do Náutico decreceu. Tomábanse menos riscos en ataque o que facía que os locais se foran atopando pouco a pouco con situacións claras de vantaxe. Os constantes erros dos nosos poñían en bandexa o triunfo parcial ós de San Sadurniño. A situación vista neste segundo parcial perduraba no tempo e nos dous seguintes xogos, onde a falta de agresividade dos boirenses permitía ós de Eloy Mahía contraatacar con efectividade sobre todo polos seus xogadores de banda. Chegaba deste xeito a primeira derrota en liga dos nosos, que leva implícita a carga de perder o liderato da competición. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Pablo Suárez, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Emilio Palacio, Daniel Agra e Miguel Vázquez.

ZALAETA B 0-3 BOIRO VOLEIBOL
(8-25, 20-25, 22-25)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes poñen a cara da moeda nesta xornada
Vitoria en tres sets do equipo cadete feminino do Boiro Voleibol no seu desplazamento á cidade herculina para medirse ó Zalaeta B. A base do triunfo estivo principalmente no servicio das nosas que fixo moito dano no sistema defensivo local, Cabe destacar a faceta nesta labor de Sara Bugallo e Enma Ordóñez que unha e outra vez percutían na recepción das coruñesas. Destacable actuación tamén das nosas en recepción, motivo polo cal as colocadoras podías disfutar de situacións óptimas para elexir con comodidade o seu mellor ataque. Viuse un equipo ordeado e con maior soltura de moitas das xogadoras respecto a citas anteriores. As rapazas pouco a pouco adquiren confianza e mostran accións que fan pensar ó corpo técnico do Boiro Voleibol que estamos ante un equipo cunha enorme proxección. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Enma Ordóñez, Ana Bugallo, Melissa Novoa, Antía Sampedro, Alejandra Galbán e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Ángela Álves, Isabel Gómez, Sara Lojo e Claudia Pinaque

xoves, 12 de xaneiro de 2012

ÓSCAR GÓMEZ VOLVE Ó MÁXIMO NIVEL:

Óscar Gómez despídese do Boiro Voleibol
O central vigués Óscar Gómez que militou as dúas últimas campañas no primeiro equipo do Boiro Voleibol acaba de fichar polo Club Vigo Voleibol, único representante da nosa comunidade na máxima categoría do voleibol español. Gran persoa, moi compañeiro e excelente xogador de voleibol será unha gran pérdida, tanto no deportivo coma no persoal. En nome do corpo directivo e de toda a familia do Boiro Voleibol desexámosche Óscar unha moi feliz estancia no que é o teu retorno á elite. Ata pronto amigo.

mércores, 11 de xaneiro de 2012

PARTIDOS DO 14-15 DE XANEIRO:

SÁBADO 14:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL - EMEVÉ
(16:00h, A Cachada)-(Liga galega xuvenil masculina)

REYCA BOIRO VOLEIBOL - EMEVÉ
(18:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete masculina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - EMEVÉ B
(18:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica masculina)

INTASA SAN SADURNIÑO - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Mun. San Sadurniño)-(1ª Div. Nacional masculina)

CALASANCIAS CORUÑA - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(Aplazado)

DOMINGO 15:

ZALAETA B - BOIRO VOLEIBOL
(10:30h e 12:00h, Instituto Zalaeta)-(Liga provincial cadete feminina)

xoves, 5 de xaneiro de 2012

CEA DE CLUB:

Desde o club estamos intentando organizar para o vindeiro sábado 7 de xaneiro unha cea para aproveitar a despedida do nadal e xuntarnos todos ó redor dunha mesa. O local será o Arume, a hora de comezo as 22:00h e o precio do menú de 18 € por persoa. Para confirmar asistencia poñédevos en contacto co representante de xogadores do club, Gustavo Romero (678410378).

¡Anótate para a cea chamando a Gus!

luns, 2 de xaneiro de 2012

A SELECCIÓN GALEGA VOLVE A POÑER OS SEUS OLLOS EN BOIRO:

Enma e Ana estarán 3 días concentradas en Cataluña
Cinco son os xogadores boirenses que acudirán esta semana a concentrarse coa selección galega. Por parte das rapazas as nosas representantes serán as infantís Enma Ordóñez e Ana Bugallo. Elas, xunto co resto das súas compañeiras, disputarán o XXVII Torneo Memorial Arturo Cortés en Lloret de Mar (Xirona) os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Os rivais das nosas serán as seleccións de Cataluña, Valencia e Holanda. Por parte dos rapaces os convocados volven a ser Fran Dieste, Ismael Martínez e Xian Pérez os cales estarán en Lugo os días 2, 3 e 4 na concentración que a selección galega cadete masculina levará a cabo nos polideportivos dos institutos Ollos Grandes e Lucus Augusti. En nome de toda a familia do Boiro Voleibol desexámoslle ós nosos compañeiros a mellor estancia posible nestes tres días de concentración.