mércores, 30 de novembro de 2011

RESULTADOS DESTA XORNADA (3-6 DE DECEMBRO):

FIS. S. SADURNIÑO 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(30-28, 25-21, 15-25, 19-25, 13-15)-(2ª Div. Autonómica feminina)
O Secreto remonta 2 sets en contra en San Sadurniño
Segunda vitoria consecutiva para O Secreto Boiro Voleibol nunha cancha tan complicada como é a de San Sadurniño, o que lle reporta máis mérito. Comezaron as nosas xogadoras cometendo bastantes erros e deixando escaparse ás locais no marcador. O xogo mellorou e por dúas ocasións conseguiron recurtar desventaxas de cinco puntos pero a pesares de ter tres balóns para gañar o set éste foi a parar a mans do conxunto ferrolano. Esta derrota ficho dano no ánimo das boirenses, que volveron ó mal xogo da manga anterior. Outra vez voltaron a recurtar distancias no luminoso ata o 21-21 pero tres erros consecutivos en recepción fixeron que se perdera tamén o segundo parcial. No terceiro xogo comezaban mandando as locais cun parcial inicial de 6-2. Cando parecía que tiñan o partido encarrilado, as xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol sacaron a relucir o seu mellor xogo e, cun parcial mediado o set de 0-8, marcaron a que sería a dnámica posterior do set, impoñéndose neste por un claro 15-25. Na cuarta manga repetían xogo efectivo e vistoso, ademais da necesaria vitoria. Unha recepción bastante precisa e a boa actitude en defensa facían que as nosas atacantes resolvesen os puntos na rede sen moita complicación. No tie-break o luminoso estivo tremendamente igualado, cos dous equipos loitando por acadar a vitoria, a cal se veu para Boiro gracias a unha recta final de set xogada con moita cabeza. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Elena García, Alicia Novoa, Katy Sampedro, María Triñanes, Rebeca González e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Ángela Fernández e Evelyn Urrutia.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-20, 25-19)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes continúan mellorando o seu xogo
Caen as de Emilio Palacio en Noia ante un rival máis rodado por un resultado de 3-0. No primeiro set as nosas chegaban a estar por riba no luminoso gracias ó acerto en servicio de Ana Bugallo, que como xa é costume nela, conseguía xeiras incribles dende a liña de saque. Nos momentos cruciais da manga o nerviosismo das boirenses producto da súa extrema xuventude decantaba a balanza para o conxunto anfitrión. No segundo a igualdade non abandoaba a pista ata ben mediado o parcial. Unha gran xeira de servicios nas locais marcaba a diferencia e permitíalles abrir distancia no tanteador ó colocarse 2-0 a sets. Cabe destacar o bo facer neste parcial en ataque de Emma Ordóñez. A xogadora infantil mostra calidade e carácter para a práctica do voleibol polo que se auguran tempos futuros exitosos neste conxunto. De novo no terceiro a contundencia no servicio era clave. As noiesas estiveron máis atinadas e anotáronse o parcial e o encontro para alegría do público presente no polideportivo Alonso Rodríguez. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Marta García, Isabel Gómez, Antía Sampedro e Sara Lojo.

martes, 29 de novembro de 2011

CINCO DOS NOSOS COA SELECCIÓN GALEGA:

Emma e Ana formarán a nosa representación feminina
O vindeiro fin de semana terán lugar en Noia as concentracións das seleccións galegas infantil feminina e cadete masculina. O Boiro Voleibol enviará cinco representantes á cita co combinado autonómico: por parte das rapazas estarán Emma Ordóñez e Ana Bugallo; pola banda dos homes teremos alí a Fran Dieste, Ismael Martínez e a Xian Pérez.  Os xogadores deberán presentarse no polideportivo Alonso Rodríguez o sábado día 3 ás 10:45h. A concentración rematará o domingo 4 ás 18:15h sendo o mesmo recinto o lugar de recollida dos xogadores e xogadoras. En nome de toda a familia do Boiro Voleibol felicitar ós cinco afortunados e ós seus adestradores polo bo traballo que están levando a cabo. Agora toca disfrutar da experiencia, aprender todo o que se poida e continuar co traballo diario no club.

sábado, 26 de novembro de 2011

RESULTADOS DO SÁBADO 26 DE NOVEMBRO:

BOIRO VOLEIBOL 3-0 BERTAMIRÁNS FC
(25-11, 25-17, 25-17)-(Liga provincial cadete feminina)
Emma, unha das destacadas ante o Bertamiráns FC
Vitoria en tres sets das rapazas ás ordes de Emilio Palacio nun encontro que controlaron dende o comezo do mesmo. O servicio das boirenses foi clave no primeiro parcial xa que a receptora Ana Bugallo conseguía manter unha extraordinaria xeira que lles serviría ás nosas para acadar a vitoria neste xogo. No arranque do segundo Bertamiráns apretou tamén co saque pero o bo facer das receptoras boirenses e o tino en ataque de Emma Ordóñez facían que a balanza se desnivelase ó noso favor de novo. O derradeiro set foi un calco do anterior. Bo nivel de saque das boirenses e moi boa dirección da colocadora Sara Bugallo, que conseguía distribuir de xeito acertado os balóns que lle chegaban ás súas mans. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Claudia Pinaque (líbero). Como reservas actuaban Marta García, Isabel Gómez, Antía Sampedro e Sara Lojo. Preme aquí para ver a clasificación.


REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-1 IES AMES
(25-17, 25-18, 24-26, 25-9)-(Liga galega cadete masculina)
Doble bloqueo de Lois Vázquez e Raúl Lojo
Vitoria merecida a que conseguiu o equipo cadete masculino do Boiro Voleibol ante o IES Ames nesta liga galega cadete masculina. A efectividade do servicio boirense sumada á contundencia do seu ataque por bandas da man de Xian Pérez e Fran Dieste facían que o primeiro e o segundo parcial caesen do noso lado con bastante solvencia. No terceiro os boirenses apagaron a maquinaria do seu xogo e permitiron ós visitante smeterse no encontro. Continuos erros de servicio e falta de concentración defensiva imposibilitaban ós de Boiro anotarse o encontro pola vía rápida. No cuarto e derradeiro set viuse a mellor cara dos nosos. Moi atinados en recepción e cunha xeira moi boa de servicios por parte de Fran Dieste e Ismael Martínez conseguían gañar con moita comodidade o parcial para anotarse o encontro por 3-1. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Lois Vázquez, Xian Pérez e Adtián Gatbache (líbero). Como reserva estaba Dani Gey que posteriormente participaría en dous sets.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-1 CV BRUXAS
(20-25, 25-17, 25-21, 25-16)-(2ª Div. Autonómica feminina)
O Secreto reencóntrase coa vitoria
Presentábase un encontro crucial para as xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol despois da derrota da pasada semana ante o último clasificado. Comezou o partido moi igualado cun bo xogo na rede das visitantes que para nada facían referencia á praza que ocupan na táboa clasificatoria. Isto, sumado ós nervios das nosas, propiciou que o primeiro set fose para o CV Bruxas. A partir de aquí as locais foron mellorando o seu xogo, cun saque efectivo e cunha María Triñanes e Rebeca González moi atinadas en contraataque, que lles serviu para anotarse os seguintes tres sets e deixar os dous puntos da vitoria en Boiro. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Elena García, Alicia Novoa, Ángela Fernández, Andrea Barreiro, Rebeca González e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban María Triñanes, Katy Sampedro, Luisa Ferreirós, Sara Bugallo e Ana Bugallo.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 AURIA VELLA VOLEYOURENSE
(25-21, 25-15, 25-23)-(1ª Div. Nacional masculina)
Miguel Vázquez tivo unha boa actuación no oposto
O Náutico Boiro Voleibol seguirá unha semana máis na cima da clasificación desta 1ª división nacional masculina gracias a esta vitoria sobre o equipo ourensán. De novo coas baixas de Óscar Gómez e Narciso Abalo afrontaban os de Emilio Palacio a sempre perigosa papeleta de medirse ó Auria Vella Voleyourense. No primeiro parcial entraban os nosos moi concienciados en que podía ser un encontro complicado e mediado o mesmo disfrutaban dunha renda suficiente para rematalo con tranquilidade a pesares dos numerosísimos erros non forzados que se cometeron. No segundo xogo os de Emilio Palacio reducían erros para intentar non pasar momentos comprometidos a final de set. Cunha boa actuación en recepción e cun inspirado Miguel Vázquez no oposto cerrábase o parcial cun amplo tanteador de 25-15. A primeira metade do terceiro foi un calco do anterior. Boa actuación dos receptores boirenses Manuel Pérez e Cristóbal Álvarez para distanciarse no luminoso. A relaxación final permitía ós visitantes acercarse e deixar o seu tanteador parcial en 23. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Miguel Vázquez, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez, Gustavo Romero, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Manuel Pérez e Daniel Agra.

CV PONTEVEDRA 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 14-25, 15-25, 23-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Destacada actuación de Frigu en Pontevedra
Vitoria en Pontevedra que lle permite ó equipo filial masculino do Boiro Voleibol compartir liderato nesta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro cos nosos desatinados en recepción e cun ataque pouco preciso, o que facía que os locais conseguiran unha ampla vantaxe ben avanzado o set (19-11). A partires de aquí os de Felipe García melloraron de xeito incrible para conseguir incluso chegar a estar por diante no luminoso pero finalmente o set quedou en peto local. No segundo parcial os nosos non deron opcións ós pontevedreses. Cunha destacadísima actuación do oposto Ignacio Cibeira "Frigu" o Redesyl anotábase os dous seguintes parciais con bastante solvencia para colocar ó seu equipo 1-2 no luminoso. No cuarto os locais apretaban para poñer en apretos ós boirenses pero o tino dos nosos en momentos finais do encontro e un inspirado Frigu impedía a reacción local. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Ignacio Cibeira "Frigu", Martín Herrera, Pablo Suárez, Alén García, Diego Romero e Adrián Armental "Nara" (líbero). Como reservas estaban Dani García, Juan Lorenzo "Doc", Xavier Sarille, Fran López "Chepe" e Juan "Mande".

ESPAÑA-ESLOVAQUIA NA GRAN FINAL DO PRE-PREOLÍMPICO:

España na gran final
As seleccións nacionais de Epaña e Eslovaquia mediranse na tarde de hoxe (18:00h) na final do torneo de clasificación para o Preolímpico coa mente posta en vencer para seguir optando a participar nos XXOO de Londres 2012. O partido tivo un precedente esta mesma semana na liguiña de clasificación e no que os eslovacos conseguiron doblegar ós de Fernando Muñoz por un bastante cómodo resultado de 3-1. Poderemos presenciar un gran duelo entre dous grandes xogadores a nivel continental como son por parte dos nosos o oposto Ibán Pérez e por parte dos eslovacos o receptor Lukas Divis, non lle perdades ollo a este home. Para seguir o livescore de toda a xornada preme aquí.

COPA GALICIA MASCULINA (CUARTOS DE FINAL):

BERTAMIRÁNS FC 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 23-25, 18-25, 12-25)-(1/4 final da Copa Xunta de Galicia masculina)
O Náutico pasa ás semifinais da Copa Xunta de Galicia
O noso primeiro equipo masculino pasa de ronda na edición 2010-2011 da Copa Xunta de Galicia tras doblegar por 1-3 ó Bertamiráns FC na súa cancha. Non se presentaba sinxelo o encontro para os de Emilio Palacio xa que viaxaban coas baixas de dous piares do seu esquema: o central Óscar Gómez e o oposto Narciso Abalo. O encontro comezaba cos nosos desaparecidos da pista. Continuos erros de saque e ataque facían medrar ó contrario que se anotaba o primeiro xogo por cortesía dos boirenses. Tralo descanso entre sets os boirenses conseguiron pouco a pouco encontrar o seu habitual ritmo de xogo e impoñer o seu estilo sobre o municipal de Bertamiráns. Os locais plantaban batalla pero o Náutico levábase o segundo set tras dominalo de principio a fin. A partires de aquí os boirenses aumentaron o nivel de xogo para desequilibrar finalmente a balanza do seu lado. Cunha boa transición defensa-contraataque conseguían impoñerse ó rival e anotarse os dous seguintes parciais por 18-25 e 12-25 respectivamente. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Manuel Pérez, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez, Gustavo Romero, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo "Mechas" e Miguel Vázquez. Tras esta vitoria o Náutico pasa ás semifinais da Copa Xunta de Galicia, onde o espera un equipo que milita na Superliga 2 masculina española, o EMEVÉ de Lugo.

ESPAÑA Á FINAL DO PRE-PREOLÍMPICO:

España xogará a gran final ante Eslovaquia
A selección española xogará a final deste torneo pre-preolímpico ante Eslovaquia tras derrotar por 1-3 (25-23, 18-25, 22-25, 25-27) a Estonia. Comezaba o encontro cos estonios moi conectados en bloqueo e intimidando deste xeito ós atacantes da vermella. Producto desta desconfianza o set caía en saco estonio. A partires deste momento mellorou exponencialmente o xogo dos de Fernando Muñoz. Volveu a brillar na dirección Guillermo Hernán quen avasteceu de modo extraordinario ós seus xogadores de banda. Unha vez máis un atinado Iban Pérez daba a cara e pasaba a ser o gran pilar en ataque deste equipo. Agora toca subir o último escalón para seguir mantendo vivo o soño de Londres 2012.

venres, 25 de novembro de 2011

ESPAÑA-ESTONIA POR UN POSTO NA GRAN FINAL:

España-Estonia en semifinais
Hoxe a partires das 20:30h a selección española xógase o pase á final deste torneo de clasificación para o Preolímpico ante Estonia. Tras doblegar a Austria os de Fernando Muñoz intentarán mostrar a súa mellor versión para seguir mantendo vivo o soño de Londres 2012. Para elo contarán cun Ibán Pérez enrachado e cun director de orquesta de luxo como é o colocador ex-Teruel Guillermo Hernán. Na outra semifinal de seguro que se vivirá un encontro electrizante. Eslovacos e turcos combatirán pola gloria a partires das 18:00h a través deste enlace. Para seguir en directo os tanteadores de toda a xornada preme aquí.

xoves, 24 de novembro de 2011

ESPAÑA GAÑA A AUSTRIA E PASA A SEMIFINAIS:

España a semifinais
A selección española masculina xa está en semifinais do torneo de clasificación para o Preolímpico tras doblegar a unha combativa Austria por 3-1 (25-22, 19-25, 19-25, 18-25). O encontro non comezaba ben xa que os austríacos se anotaban o primeiro parcial aproveitándose dos erros dos de Fernando Muñoz. A partires de aquí veuse outra España. Unidos en defensa e baixo a extraordinaria dirección do colocador Guillermo Hernán conseguirían os nosos anotarse os tres seguintes xogos con relativa comodidade. Cabe destacar a actuación dos receptores Sergio Noda e Manuel Sevillano e do oposto do Unicaja de Almería Ibán Pérez que culminou cunha cifra de 27 puntos.

MATCH BALL PARA ESPAÑA NA TARDE DE HOXE:

España xógase os XXOO ante Austria ás 18:00h
Tras caer derrotada ante Eslovaquia por 3-1 (26-28, 25-18, 25-23, 25-14) a selección española xógase o pase á seguinte ronda desta cualificación europea para o Preolímpico que lles pode dar ós de Fernando Muñoz o billete para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. O rival será Austria a partires das 18:00h e o encontro promete emocións fortes debido ó que se xogan ámbolos dous equipos. España deberá mellorar no seu xogo para ter opcións de clasificación xa que por momentos a selección eslovaca xogaba a pracer baseándose nun gran servicio que unha e outra vez complicaba a construcción de ataque española. Ficha técnica: ESPAÑA: Hernán (2), Noda (7), Altayó (7), Fernández (7), Pérez (17), Llenas (líbero)-inicial; Sugrañes (2), Sevillano (2), Rocamora (2), Arranz (0), Palharini (1). ESLOVAQUIA: Khout (8), Spoko (5), Nemec (18), Skladany (8), Kmet (9), Divis (21), Ondrusek (líbero)-inicial; Bencz (2), Hupka (1), Chritiansky (1), Zatko (0). Para ver os tanteadores en directo de toda a xornada preme aquí. Si o que queres é ver os encontros do outro grupo en directo preme neste enlace. Atentos á programación.

mércores, 23 de novembro de 2011

SIGUE AS CLASIFICATORIAS PARA O PREOLÍMPICO:

Sigue en directo á selección
Lástima que non poidamos seguir en directo polas televisións españolas as evolucións da nosa selección no seu camiño para alcanzar o preolímpico pero non todo son malas novas para os afeccionados ó voleibol xa que a través da web da televisión oficial do torneo podedes ver o debut dos nosos en vivo a partires das 18:00h e tendo como rival á selección eslovaca a través dunha emisión en streaming. Neste enlace podedes seguir en directo tamén unha ampla gama de encontros do outro grupo de clasificación. Estade atentos á programación e intentade disfrutar dos encontros que máis atractivos vos resulten.
ESLOVAQUIA 3-1 ESPAÑA
(26-28, 25-18, 25-23, 25-14)-(2012 European Qual. Olympic Games)

ENCONTROS DA VINDEIRA FIN DE SEMANA:

VENRES 25:

BERTAMIRÁNS FC - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(21:15h, PM Bertamiráns)-(Copa Xunta de Galicia Masculina)

SÁBADO 26:

BOIRO VOLEIBOL - BERTAMIRÁNS FC
(11:00h, A Cachada)-(Liga provincial cadete feminina)

REYCA BOIRO VOLEIBOL - IES AMES
(16:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete masculina)

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - CV BRUXAS
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica feminina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - AURIA VELLA VOLEYOURENSE
(18:00h, A Cachada)-(1ª Div. Nacional masculina)

CV PONTEVEDRA - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Estadio da Xuventude)-(2ª Div. Autonómica masculina)

luns, 21 de novembro de 2011

ESPAÑA BUSCANDO UN BILLETE PARA O PREOLÍMPICO:

Difícil misión para a vermella
Os homes de Fernando Muñoz intentarán manter vivo o soño olímpico de Londres 2012 cunha máis que complicada reválida. Seis países pelexarán pola única praza en xogo divididos en dous grupos de tres equipos. España quedou encadrada no grupo A e pelexará contra Austria e a anfitriona, Eslovaquia. No grupo B competirán as seleccións de Turquía, Estonia e Montenegro. Tras unha liguilla previa os dous mellores de cada grupo disputarán as semifinais e os vencedores das mismas a gran final do torneo clasificatorio coa única praza para o Preolímpico en xogo. A lista de doce convocados é a seguinte: Guillermo Hernán (Colocador do UWM AZS Olzstyn), J.M. Sugrañes (Central do Caja 3 Vb. Teruel), Sergio Noda (Receptor do Citta di Castello), Manuel Sevillano (Receptor do Caja 3 Vb. Teruel), Marc Altayó (Central do CMA Soria), Gustavo Delgado (Receptor do Unicaja Almería), Daniel Rocamora (Oposto do CMA Soria), Jorge Fernández (Central do Nantes Volley), Francesc Llenas (Líbero do Caja 3 Vb. Teruel), Ibán Pérez (Oposto do Unicaja Almería), Sergi Arranz (Colocador do Caja 3 Vb. Teruel), Marlon Palharini (Receptor do Precura Antwerpen).

domingo, 20 de novembro de 2011

RESULTADOS DO 19 E 20 DE NOVEMBRO

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(18-25, 12-25, 8-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
Xian Pérez ataca un balón no encontro de onte
Derrota en tres sets do equipo xuvenil masculino nun encontro que se prevía moi complicado para os nosos e no que se contaba coas baixas de última hora de Arsenio Santos e do central Martín Herrera, xa que se atopaba en Oviedo co primeiro equipo. Por todos é coñecido que este equipo aínda ten moito camiño por andar debido á súa extrema xuventude e que en momentos importantes a falta de experiencia faise notar. No primeiro set o bo facer dos xogadores boirenses permitía situarse cerca no luminoso mediado o parcial (12-14) pero a medida que avanzaba o mesmo os vigueses distanciábanse para cerrar con comodidade a manga. Nos dous parciais seguintes a intensidade local decaíu e os rapaces vigueses aproveitaron para anotarse o encontro pola vía rápida. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Miguel Lorenzo, Raúl Lojo e Adrián Gatbache (líbero). Como reservas estaba Ismael Martínez, Dani Gey e Lois Vázquez.

REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(7-25, 14-25, 15-25)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca continúa formándose, ánimo
Derrota do Reyca ante o gran favorito nesta liga galega cadete masculina nun encontro que sirve para que os rapaces do Boiro Voleibol sigan adquirindo experiencia nunha liga tan dura como é a autonómica. A non continuidade do xogo boirense poñía en bandexa a vitoria olívica en tres sets baseándose nunha atinda defensa. Os erros en ataque dos nosos non lles permitían meterse no encontro en ningún momento. Agora o que toca é traballar para que no futuro veñan tempos mellores, que coñecendo o compromiso e a entrega deste conxunto de seguro que así será. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Gatbache (líbero). Como reservas estaban Dani Gey, Ruben Martínez, Pablo Nieto e Darío Outeiral.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 1-3 DOMPA GESTIÓN A
(25-19, 23-25, 24-26, 15-25)-(2ª División autonómica feminina)
Leve melloría no xogo de O Secreto
Nova derrota do primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol que dirixen Andrés Martínez e Narciso Abalo. Moito teñen que mellorar as nosas para recuperar a versión de tempadas pasadas onde eran un dos conxuntos dominadores da categoría e favoritas para alzarse co título de liga. Melloraron respecto a partidos anteriores, sobre todo na súa actitude e disciplina defensiva pero o bo facer do equipo rival, o cal xogou por encima do nivel esperado, imposibilitou o triunfo local. Cabe destacar a actuación da líbero debutante Sheila Outeiral, que iniciou con bo pé a súa andadura no primeiro equipo. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Elena García, Rebeca González, María Triñanes, Ana Bugallo, Ángela Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas aparecían Sandra Lojo, Andrea Barreiro, Luisa Ferreirós e Evelyn Urrutia.

SALUS VOLEIBOL OVIEDO 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(14-25, 23-25, 20-25)-(1ª Div. Nacional Masculina)
O Náutico mantense líder tras vencer en Oviedo
Vitoria en tres sets do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol en terras asturianas ante un rival recén descendido da liga FEV española. Comezaba o encontro cun xogo brillante dos de Emilio Palacio, trenzando moi ben as accións de ataque producto dunha boa recepción e dunha excelente dirección do colocador Iván Souto. Rápidamente conseguía o Náutico distanciarse no luminoso e manter unha ampla vantaxe ata o final do parcial no que se anotaron un 14-25 a favor. No 2º xogo os ovetenses apretaron os dentes para darlle unha alegría á súa afección. O xogo dos locais mellorou pero os boirenses demostraron, unha vez máis, ser un conxunto moi sólido e sacar o seu talento nos momentos decisivos dos encontros. O resultado foi dun axustado 23-25. No terceiro set volvía o nivel de xogo do inicio do encontro por parte dos nosos. Presión co servicio e cun forte complexo defensa-contraataque permitían adquirir unha ampla vantaxe que levou o luminoso a un 10-17 favorable para os de Boiro. No tramo final do xogo conseguiron os locais arreglar un pouco o resultado para rematar 20-25. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Manuel Pérez, Cristóbal Álvarez, Jesús Vázquez, Antón Pérez e Adrián Alves "Chicho". Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Miguel Vázquez, Martín Herrera e Gustavo Romero.


CD CONXO 3-2 BOIRO VOLEIBOL
(9-25, 25-15, 24-26, 25-23, 15-11)-(Liga provincial cadete feminina)
Bo partido das cadetes en Santiago de Compostela
Axustadísima derrota das rapazas que dirixe Emilio Palacio na súa visita ás santiaguesas do CD Conxo. Comezaron moi ben o encontro as nosas no primeiro parcial no que, gracias a unha excelente racha de servicios de Ana Bugallo, dominaban con facilidade de principio a fin. No segundo xogo as locais melloraron moito. Máis atinadas en defensa provocaban moitos erros nas xogadoras boirenses, feito que facía que o set caera en peto local por un claro 25-15. O terceiro foi un continuo ir e vir de ámbolos dous equipos. Non puido resolverse esta igualdade ata o final de set onde o potente saque boirense quebraba o entramado do CD Conxo para anotarse a manga pola mínima. No cuarto set as boirenses volvían a mandar no luminoso, tanto que chegaban a poñerse cun 17-23 no luminoso e a dous puntos de cerrar o partido. Foi neste momento cando os erros das nosas daban folgos ás santiaguesas que conseguirían remontar e levar o encontro o tie-break. Este foi dominado polas locales dende o comezo. Na parte final do set as boirenses conseguiron achegarse un pouco no tanteador (13-11) pero non foi suficiente a acabaron cedendo o set e o partido. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Ana Bugallo, Alejandra Galbán, Antía Sampedro, Melissa Novoa, Enma Ordóñez e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Marta García, Sara Lojo, Claudia Pinaque, Isabel e Sandra Fungueiriño.

venres, 18 de novembro de 2011

Concentración da selección galega cadete:

Fran, Xian, Isma e Naji coa selección galega
Os nosos xogadores Adrián Gatbache, Xian Pérez, Fran Dieste e Ismael Martínez estarán presentes na concentración que a selección galega cadete levará a cabo na vila de Noia o próximo domingo día 20 de novembro. Os xogadores deberán presentarse ás 10:45h no Polideportivo Alonso Rodríguez. A xornada rematará ás 18:00h. En nome de toda a familia do Boiro Voleibol dar os nosos parabéns ós catro agraciados e ós seus adestradores polo traballo que se está a facer na base. Toca aprender e disfrutar.

xoves, 17 de novembro de 2011

Partidos do 19 e 20 de novembro:

SÁBADO:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL
(16:00h, A Cachada)-(Liga galega xuvenil masculina)

REYCA BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL
(18:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete masculina)

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - DOMPA GESTIÓN A
(18:00h, A Cachada)-(2ª División autonómica feminina)

C.V. OVIEDONÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:00h, Pol. José Manuel Fuente)-(1ª Div. Nacional Masculina)

DOMINGO:

CD CONXO - BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, O Restollal)-(Liga provincial cadete feminina)

sábado, 12 de novembro de 2011

RESULTADOS DO SÁBADO 12 DE NOVEMBRO:

BOIRO VOLEIBOL 1-3 MEX. DE OURO VB RIANXO
(20-25, 23-25, 27-25, 22-25)-(Liga provincial cadete feminina)

BIGMAT SUEIRAS S. SAD. 3-0 TRILLIZOS BOIRO VB
(25-8, 25-17, 25-16)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos cae ante o líder
Clara derrota en tres sets do equipo xuvenil masculino que pereceu na pista do gran favorito nesta liga galega. A diferencia de idades entre os dous equipos quedou patente dende o comezo, véndose nos boirenses un gran número de xogadores moi novos e con menos horas de práctica que os seus rivais. Comezaba o Trillizos moi atenazado, xogando a remolque debido á boa disposición táctica dos ferrolanos. O potente servicio local marcaba o desenlace do primeiro parcial. Nos dous seguintes parciais o xogo dos nosos mellorou. Desperezábanse en defensa e soltábanse un pouco máis en ataque pero non era suficiente para doblegar ó experimentado equipo que dirixe Eloy Mahía. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Miguel Lorenzo, Martín Herrera e Arsenio Santos (líbero). Como reservas esperaban a súa oportunidade Daniel Vázquez, Adrián Gatbache, Óscar Refojo e Dani Gey.

VOLEYOURENSE.ES 3-0 O SECRETO BOIRO VB
(25-15, 25-20, 25-16)-(2ª Div. Feminina)
Cede O Secreto en Ourense
Clara derrota das xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol ante un rival que viña de competir na 1ª división nacional a pasada campaña. Comezou o encontro con dominio boirense no marcador ata o 8-3 gracias á efectividade no servicio de Andrea Barreiro. As ourensás souberon repoñerse e levarse o set con relativa facilidade. Falta de concentración e pasividade na cancha foron as causantes deste parcial adverso. O segundo xogo foi un calco do primeiro. Parcial de comezo 5-1 favorable ás boirenses con Andrea na liña de saque e o mesmo baixón posterior. Erros continuos en recepción presaxiaban un marcador máis abultado, que só conseguiron maquillas gracias á relaxación das locais. Un terceiro set de trámite, que tan só se prolongou durante 16 minutos, deixou os dous puntos da vitoria na cidade das burgas. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Rebeca González, Andrea Barreiro, Katy Sampedro, Elena García, Ángela Fernández e Carla Castro (líbero). Como suplente estaba Sandra Lojo.

INTASA S. SAD. B 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 26-24, 25-19)-(2ª Div. Masculina)
Derrota do Redesyl en San Sadurniño
Viaxaba o equipo filial masculino do Boiro Voleibol a terras ferrolás coa intención de manterse invicto nesta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro cos locais moi atinados. Co seu servicio e con constantes fintas rompían o entramado boirense que se situaba en todo momento 4-5 puntos por debaixo no luminoso. Tal vantaxe foi suficiente para que o primeiro caese de lado ferrolano. O segundo xogo foi igualadísimo e ambos equipos chegaron ó final do mesmo con opcións de vitoria. Un par de erros dos de Felipe García tendíalle a man ó Intasa e este no perdoou a oportunidade de colocarse 2-0. No terceiro e derradeiro set os boirenses saíron ó campo desanimados. Felipe García movía o banco intentando dar coa fórmula pero non servía de nada. Os de Eloy Mahía distanciábanse 8 puntos que o Redesyl non puido recurtar no final de set. Gran rival o que se atoparon os barbanzanos, moi ordeados en todo momento e que non permitiu a habitual superioridade doc centrais boirenses. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Ignacio Cibeira "Frigu", Felipe Resúa, Alén García, Pablo Suárez, Martín Herrera e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Dani García, Roberto Rodríguez "Tito", Juan "Mande", Fran López e Diego Romero.

ZALAETA 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 18-25, 19-25, 17-25)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico segue líder da 1ª división nacional
Viaxaban á cidade herculina os de Emilio Palacio coas importantes baixas de Óscar Gómez, Narciso Abalo, Gustavo Romero e Daniel Agra. Na convocatoria figuraban dous xogadores cadetes: o oposto Fran Dieste e o receptor Xian Pérez. Comezaba o encontro con dúbidas por parte dos nosos e cun Zalaeta extra motivado que pretendía doblegar ós actuais campións da categoría. Os erros do Náutico mantíñan ós coruñeses sempre por riba no luminoso e chegados á parte decisiva do set non puideron os barbanzanos remontar a renda de dous-tres puntos na súa contra. Foi a partires de aquí cando os nosos se concentraban en facer as cousas ben, xogar con tranquilidade e intentar disfrutar na pista. Cunha destacada actuación dos centrais Jesús Vázquez e Antón Pérez o Náutico percutía unha e outra vez no entramado defensivo do Zalaeta e así anotarse os tres seguintes parciais con relativa comodidade. Tras esta sufrida vitoria o noso primeiro equipo mantense no máis alto da clasificación desta 1ª División Nacional. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Manuel Pérez, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez, Antón Pérez, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Como reservas figuraban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Fran Dieste e Xian Pérez.

xoves, 10 de novembro de 2011

XENTE DO BOIRO VOLEIBOL, EMILIO PALACIO:

Emilio Palacio: “A xente responde ben cando lle das caña”

Emilio Palacio
Xa era hora de falar co mister. Emilio é un auténtico currante, está formado e ten ganas de traballar. Sacrificou a súa participación como xogador para centrarse en preparar o primeiro equipo, e conseguiuno. A temporada pasada levou ao Hipescar ao máis alto da Primeira División. Este argentino sereno e pausado, observa o campo e dá sensación de control só con pousar a mirada sobre a rede.
Antes de ser técnico xa deu proba de capacidade dentro do campo: habilidoso na rede, seguro no ataque e... voador! salta moitísimo, o que lle permitiu competir a nivel profesional malia o seu metro oitenta de estatura. Agora está preparado para transmitir o que sabe: con estudos de INEF, varios cursos de preparador específicos, con experiencia e con moitas ganas, Emilio vai a por todas.

-(Charo) Nun grupo tan cohesionado e familiar como o do Boiro, como fas cando lle tes que tirar a alguén das orellas?
-(Emilio) A verdade é que non temos problema con iso, a xente entende moi ben o esforzo, especialmente cando se ven os progresos. A min de novo gustábame que me deran caña, e penso que iso é o que intento eu agora. Pola miña parte hai que saber ser esixente sen chegar a autoritario, e traballar moito a xestión do grupo a nivel de atitude. En todo isto influe moito a motivación; é fundamental.  O feito de levármonos ben e de manter relación de amizade con moitos dos xogadores non foi nunca un problema, todo o contrario, hai moito respecto.

-Antes de adestrar foches xogador durante anos.
-Si, empezaría arredor dos 10 anos. Da vila de onde eu son, Ingeniero Jacobacci, de 7000 habitantes 100 facían voleibol. É un deporte moi seguido, o terceiro despois do fútbol e do baloncesto. Cando cheguei a Europa estiven uns anos sen practicalo, pero ao vir para Boiro volvín reengancharme.

-Como foi o teu percorrido polo voleibol profesional na Arxentina?
-O sistema alí é similar ao de aquí; de xuvenil estiven xogando na Superliga. Logo pasei uns anos na Primeira División, que equivale á Superliga 2 de aquí. Alá a motivación tamén me influia moito, era moi sacrificado competir; para as viaxes por exemplo tiñamos que atravesar como un deserto para ir xogar a outro sitio. Pero co esforzo tamén se vive de outro xeito, a nivel emocional implícaste moito, eu penso que aumenta a vontade e a entrega.

-Extrañas seguir xogando? Esta foi unha retirada temporal ou xa non tes pensado volver como xogador?
-Si, extraño. Por unha parte lévoo ben, porque como me gusta tanto adestrar olvídome un pouco diso, sobre todo nos partidos, porque estou concentrado. Nos adestramentos ás veces dame envexa, pero bueno... En principio non penso que volva xogar, e non quero dicir que sexa completamente definitivo, ainda que imaxino que si.

-Para ser bo adestrador tes que ser bo xogador?
-Eu non estou moi de acordo con iso, penso que hai moitos máis factores. Para adestrar é moi importante a pedagoxía, por exemplo; saber transmitir os coñecementos, e isto pode facerse con moitos recursos. Ademais o papel de adestrador non só implica o labor de técnico, tamén o traballo no equipo, a xestión da motivación, o control no campo, saber aproveitar o potencial de cada xogador... Hai cousas que si se poden amosar co exemplo, visualmente son máis fáciles de aprender, pero non é o único xeito. A min gústame buscar posibilidades, ser un pouco creativo, pensar sobre as xogadas... Nese sentido, ser autodidacta tamén é importante.

“Eu escollo pista cen veces antes que praia”

-Praia ou pista?
-A praia está ben para non perder o ritmo durante o verán, pero é totalmente distinto como deporte. Eu escollo pista cen veces antes que praia.

-Como te criaches tan lonxe do mar, non?
-(risas) Será iso.

-Cales son os teus retos a medio prazo?
-Coas cadetes creo que vamos facer unha boa temporada, estou moi contento con elas, teñen moito potencial, e agardo que para o ano poidamos subir de categoría.
E co equipo de Primeira, ainda é moi cedo para falar, pero penso que temos posibilidades de estar entre os dous primeiros da clasificación.

“Gañar a Liga o ano pasado foi a maior alegría deportiva da miña carreira”

-Védesvos noutra categoría?
-O de pasar de categoría xa non depende só do equipo, ten que ser unha decisión do Club, porque implica máis cousas. Pero en principio penso en chegar a estar entre os dous primeiros postos da Liga. E até apostaria por gañar outra vez. A ver, haberá que traballalo. A victoria do ano pasado foi a maior alegria deportiva da miña carreira.

-Adestras os máis vellos e os máis novos.
-Si, a min o mellor paréceme apostar pola canteira. Para enraizar o volei hai que traballar nas escolas, empezar por asentar a base. De aquí xa saiu xente como Pablo Bugallo, que agora está en Superliga, e moitos máis que van sair! No equipo de Primeira tamén hai moitos xogadores moi novos. E Boiro é un dos sitios onde máis xente ven ver os partidos, todo isto é resultado do esforzo que se fai por intentar achegar a xente nova ao voleibol, ainda que non saia na tele.
Charo López

mércores, 9 de novembro de 2011

ENCONTROS DO PRÓXIMO SÁBADO 12 DE NOVEMBRO:

BOIRO VOLEIBOL - MEX. DE OURO VB RIANXO
(11:30h, A Cachada)-(Liga provincial cadete feminina)

BIGMAT SUEIRAS S. SAD. - TRILLIZOS BOIRO VB
(11:30h, PM de San Sadurniño)-(Liga galega xuvenil masculina)

VOLEYOURENSE.ES - O SECRETO BOIRO VB
(11:30h, Paco Paz)-(2ª Div. Feminina)

INTASA S. SAD. B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17:00h, PM de San Sadurniño)-(2ª Div. Masculina)

ZALAETA - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:00h, PM Sagrada Familia)-(1ª Div. Nacional masculina)