mércores, 30 de marzo de 2011

Partidos do sábado 2 de abril:

BOIRO VOLEIBOL - COMERCIAL DURÁN
(17:15h, "A Cachada")-(Eliminatoria de promoción á liga galega xuvenil feminina)

sábado, 26 de marzo de 2011

Resultados do 26 de marzo:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 BIG MAT SUEIRAS S. SAD.
(16-25,13-25,19-25)-(Liga galega xuvenil masculina)


O Trillizos cae ante o líder
Dolorosa maneira de rematar a liga galega xuvenil por parte dos nosos que cederon o partido en tres sets fronte o primeiro clasificado, o cal se mostrou moito máis sólido en defensa e polo tanto na construcción e na finalización dos seus ataques. O primeiro set comezou cun Trillizos que, erro tras erro, foise distanciando en contra no marcador. O segundo foi unha réplica do primeiro. Continuos desacertos en recepción que se reflexaron no ánimo dos nosos e cun San Sadurniño moi atinado en ataque motivo que lle spermitiu anotarse o segundo parcial. No terceiro a moral do Trillizos e o seu xogo foi en aumento pero esto non evitou que os de Ferrol se levaran o set e o partido. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Antón Pérez, Diego Romero, Martín Herrera, Miguel Lorenzo, Abel Sánchez, Daniel Vázquez e Adán Arsenio (líbero). Actuaron como reservas Fran Dieste, Xian Pérez e Lois Vázquez.
(Crónica de Daniel Vázquez)

REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 SUACASA SAN SADURNIÑO
(20-25, 13-25, 20-25)-(Liga galega cadete masculina)


O Reyca cae ante o Suacasa
Derrota por 0-3 do equipo cadete masculino. O encontro comezaba cos nosos atinados e co rival desconcentrado, motivo polo cal lles permitía ós nosos comezar cun claro 7-0. Así a cousa, os visitantes reaccionaron para levarse o parcial. No segundo o Reyca cometeu bastantes erros na defensa e na culminación do ataque, pola contra o equipo ferrolano mantívose e acabaron por anotalo tamén. No terceiro os nosos intentaron plantar cara ós visitantes, mais a experiencia do Suacasa San Sadurniño fixo que estes últimos se anotasen a vitoria por 0-3. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Fran Dieste, Raul Lojo, Lois Vázquez, Abel Sánchez, Xian Pérez, Óscar Refojo e Alfonso Rey.

(Crónica de Daniel Vázquez)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 1-3 INTASA SAN SADURNIÑO B
(18-25,25-14,18-25,21-25)-(2ª división autonómica masculina)

O filial masculino cede ante o San Sadurniño
Derrota do equipo filial masculino nesta última xornada da 2ª división autonómica masculina ante o Intasa San Sadurniño B. Comezaba o encontro cos pupilos de Antón Pérez totalmente desconectados e co ánimo polo chan. Esta situación significaba unha vantaxe clara para os visitantes que chegaron a mandar por 10 puntos de diferencia (1-11). A partires deste momento o Redesyl dou un paso ó frente, máis non foi suficiente e acabaría cedendo o parcial por 18-25. No 2ª o equipo sufriu un lavado de cara. Aumentou a intensidade e o ánimo xeral do equipo e o xogo mellorou exponencialmente. Estas circunstancias, sumadas ós continuos erros dos ferrolanos facían que o set caera en saco boirense por un claro 14-25. No 3º xogo volveron as malas costumes nos de Boiro. A deficiente recepción non permitía construir con garantías e o K2 dos de Eloy Mahía dominou por completo a situación nos dous seguintes sets para levarse o encontro por 1-3. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito" (4 puntos), Diego Romero (3), Xavier Sarille (20), Fran López "Chepe", Antón Pérez (4) e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Tamén xogaron Luis Lustres (2), Manuel Pérez "Cholo" (10), Alén García (3), Martín Herrera (2) e Juan "Mande" (2).

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 SAN SADURNIÑO
(25-15,25-21,25-14)-(2ª división autonómica feminina)

O Proboin, campión
Vitoria en tres sets do Proboin, primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol que na tarde de onte se proclamou campión da 2ª división autonómica feminina nun ateigado polideportivo de "A Cachada". Non deron opción as de Andrés Martínez ó San Sadurniño sabendo a trascendencia e a importancia coa que contaba o encontro. Comezaba a contenda coas boirenses atinadas na construcción e facendo moito dano co servicio na recepción visitante, motivo que ampliaba paulatinamente a diferencia no luminoso ata chegar ó 25-15 final.  No segundo set as ferrolanas pisaron o acelerador para poñer en apretos ó Proboin mais a orde defensiva, a efectividade e continuación no seu K2 e a intensidade no seu xogo facían imposible a reacción visitante. O desenlace sería de 25-21 a prol das nosas. No terceiro non habería historia. Da man dunha entregada bancada e mostrando as súas mellores cartas as rapazas do Proboin rematarían con contundencia a faena para levantar o ansiado título diante da súa afección e cantar aquelo de "campeonas, campeonas oe oe oe" xunto con tódolos alí presentes. Noraboa nenas, ben merecido o tendes. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Alicia Novoa, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Anael Gómez, Sara Martínez, Leonor Lorenzo.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Proboin Boiro Voleibol18162052121526120934
2Acersa Voley Arteixo18153049141466116833
3Emeve Lab. Nupel B17134040211358127530
4San Sadurniño18117042291566139629
5Comercial Durán18117039281487138829
6XAV Cambados17710025381300141624
7Calasancias Coruña B18612025411333147824
8Autos Rico UDC A18513026411396150423
9CD Conxo17413022471387156321
10Dompa Gestión170170251891131317

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-2 INTASA SAN SADURNIÑO
(32-30,22-25,21-25,25-12,15-11)-(1ª división nacional masculina)

Tarde de festa na Cachada
Vibrante e emocionante encontro o que se presenciou na tarde de onte nun repleto polideportivo de "A Cachada". O encontro serviría para que os rapaces do Hipescar lle ofreceran o título ligueiro ós siareiros boirenses que ateigaron as bancadas mais finalmente o partido se acabaría convertindo nunha apaixoante "final" debido ó incrible ambiente que alí había. O encontro comezaba con máxima igualdade. Os ferrolanos mostraban o seu poderío polo centro da man de Rafael de Souza o cal convertía en punto cada balón que atacaba. A resposta dos boirenses viría da man do receptor Cristóbal Álvarez, inspiradísimo na tarde de onte e que mantería ó seu equipo no primeiro parcial cando chegaron os momentos importantes do mesmo. Unha acción acertada en contraataque dos boirenses decantarían o primeiro para o Hipescar por 32-30. Os dous seguintes sets foron similares. Os visitantes mantiveron un bo nivel de recepción e ataque polo medio. O Hipescar cometeu múltiples erros que permitían ó Intasa San Sadurniño anotarse o segundo e o terceiro e colocarse cun 1-2 favorable. Cos boirenses contra as cordas foi cando o equipo respondeu. O cuarto set foi un claro reflexo das cualidades do equipo que dirixe Emilio Palacio. Mestría na recepción, boa construcción a pesar da baixa do colocador titular Iván Souto "Pas", contundencia no ataque polas alas cuns inspirados Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero e Narciso Abalo e forte bloqueo da man de Óscar Gómez significaron unha clara vitoria por 25-12 no cuarto set. Cos mesmos ánimos se comezaba o tie-break. Unha boa xeira de servicios de Jesús Vázquez "Pivot" faría posible distanciarse no tanteador no inicio, causa que marcaría o desenlace que caería de lado local por 15-11. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Daniel Eiras, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez, Jesús Vázquez "Pivot", Óscar Gómez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Tamén xogaron Andrés Martínez, Ignacio Cibeira, Gustavo Romero, Manuel Pérez e Antón Pérez.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Hipescar Boiro Voleibol16133044191458126829
2Universidad de Valladolid16115038251411128527
3Club Vigo Voleibol B16106032271311123226
4CV Rianxo1697034271395132225
5Intasa San Sadurniño1697032281325129225
6CID Jovellanos1688032321421140424
7Aule16610029361358147422
8Zalaeta16511021371234133321
9Auria Vella Voleyourense16115015461160146317

xoves, 24 de marzo de 2011

Fase de ascenso á liga FEV masculina:

Entre o 15 e o 17 de abril celebraráse no concello murciano de Cieza a fase de ascenso á liga FEV á que acudirá o primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol, o Hipescar. O destino desta fase final decidiuse na tarde de onte e a publicación fíxose efectiva esta mañá no sitio web da RFEVB. Moita sorte para os nosos nesta longa travesía. Ánimo e moita sorte rapaces.


mércores, 23 de marzo de 2011

Partidos do sábado 26 de marzo:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL - BIG MAT SUEIRAS S. SADURN.
(10:00h, PM de Barraña)-(Liga galega xuvenil masculina)

REYCA BOIRO VOLEIBOL - SUACASA SAN SADURNIÑO
(11:30h, PM de Barraña)-(Liga galega cadete masculina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - INTASA SAN SADURNIÑO B
(11:45h, "A Cachada")-(2ª división autonómica masculina)

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL - SAN SADURNIÑO
(17:00h "A Cachada")-(2ª división autonómica feminina)

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL - INTASA SAN SADURNIÑO
(18:00h "A Cachada")-(1ª división nacional masculina)


Unha semana máis temos que dar a noraboa a Pablo Bugallo, xogador saído da canteira do Boiro Voleibol que milita actualmente na selección española júnior e que ven de ser seleccionado unha vez máis no equipo ideal da xornada da superliga 2 española.

Pablo Bugallo no 7 ideal da RFEVB

domingo, 20 de marzo de 2011

Resultados do 19-20 de marzo:

AD XIRIA ASESORIA CERVANTES 1-3 BOIRO VOLEIBOL
(20-25,21-25,25-20,21-25)-(Semifinal do play off na fase interzonal xuvenil feminina)


Saúdo inicial
Vitoria das rapazas de Juan Resúa nesta semifinal do play off interzonal ante un duro rival como é o equipo de Carballo. Comezaba o encontro coas nosas dubitativas en defensa e recepción, motivo polo cal as locais collerían certa vantaxe no tanteador que se vería neutralizada momentos despois polo atinado servicio das boirenses. A motivación do equipo foi in crescendo a medida que o parcial avanzaba para finalizar con vitoria por 20-25. Durante o segundo, a tónica foi idéntica á vista no primeiro. Poder co saque das boirenses e as de Carballo xogando a remolque no luminoso. No terceiro voltaron as dúbidas. AD Xiria conseguía unha amplísima vantaxe no comezo do set que as nosas irían reducindo para rematar cun claro 25-20. Comezou o cuarto coas nosas moi concentradas, causa máis que suficiente para que dominasen o set dende o comezo ata o final. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Ana, Katy, Andrea, Evelyn, Ángela e Sheila (líbero). Tamén xogaron Sara, Adriana e Sindy.
CV. DUMBRIA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-13, 27-25, 25-23)-(Final do play off na fase interzonal xuvenil feminina)

Equipo xuvenil do Boiro Voleibol
Pola tarde, co obxectivo da clasificación para a promoción de ascenso, as xuvenís   disputaban a final frente o CV Dumbría. Comezaron as nosas con moitas imprecisións, factor que aproveitaron as da costa da morte para impoñerse con facilidade. Todo cambiou nos dous seguintes sets. As boirenses plantaron cara e apuraron os marcadores que se decidiron nos últimos intres podendo ser a vitoria para calquera dos dous bandos. Noraboa ás xuvenís e a Juan Resúa polo traballo que están a facer.  O próximo rival na promoción á Liga Galega é o Comercial Durán de Pontevedra. Xogarase o partido de ida o 2-3 de abril en Boiro, e a volta o 9-10 de abril en Pontevedra.

CALASANCIAS CORUÑA 3-2 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(24-26,16-25,25-23,25-11,15-13)-(Liga galega cadete masculina)


Bloqueo de Dani e Óscar
Axustada derrota por 3-2 do equipo cadete masculino do Boiro Voleibol no seu desprazamento á cidade herculina para medirse ó Calasancias nesta nova xornada da liga galega cadete masculina. Comezaba o encontro cos de Boiro máis atinados que o rival polo que de contado se distanciarían no luminoso baseándose na continuidade do seu xogo e na non concesión de erros ó seu rival. Pouco a pouco a chispa boirense iría decrecendo e os coruñeses apretarían o tanteador nun 24-26 final. O segundo set foi un reflexo do que é o xogo do Reyca nesta temporada. Orde e intensidade defensiva e acerto no contrataque, motivos máis que suficientes para anotarse o parcial con comodidade por 16-25. No terceiro, a confianza excesiva xogoulles unha mala pasada aos boirenses, que co partido moi encarrilado chegaron ó final de set con posibilidades de vitoria e escapouse por 25-23. No cuarto, os nosos cadetes desapareceron do campo. Infinidade de erros é imprecisións do Reyca poñíanlle en bandexa a vitoria ós herculinos por un claro 25-11. Deste xeito chegábase á lotería do tie-break, no cal o Calasancias con traxectoria ascendente sairía gañador pola mínima (15-13). Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Xian Pérez, Fran Dieste, Daniel Vázquez, Abel Sánchez, Ismael Martínez e Alfonso Rey. Tamén xogaron Lois Vázquez, Raúl Lojo e Óscar Refojo.

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA B
(25-15, 25-23, 25-21)-(2ª división autonómica feminina)


Bloqueo de Carol e Rebe frente a Calasancias
Cómoda vitoria en 3 sets das nosas xogadores do primeiro equipo femenino, o Proboin, que dominou o xogo durante todo o encontro. A tónica do bo xogo manteuse durante todo o partido, no que as boirenses mantivéronse en todo momento por riba no tanteador. O Calasancias acercouse nalgún momento a causa de fallos das nosas xogadoras, sobre todo en ataque e recepción. Pese a eso, en ningún momento houbo temor de que puideran alcanzar a vitoria. Só apretaron un pouco máis no terceiro set, pese o cal o Proboin manteuse por riba no marcador e conseguiron levarse o partido. Un ataque seguro, marcado na posición 3, e unha defensa e recepción fortes foron as claves para a vitoria do Proboin, que as acercaba máis ó primeiro posto da súa categoría. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, María Triñanes, Leonor Lorenzo, Luci Paz, Rebeca González, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Tamén actuaron Anael Gómez, Sara Martínez e Luisa.

AULE 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(19-25,20-25,20-25)-(1ª división nacional masculina)

O Hipescar, campión da 1ª división nacional
E por fin chegou. Vitoria do primeiro equipo masculino en terras leonesas por un claro 0-3 que lle permite plocamarse campión da 1ª división nacional masculina a falta de unha xornada para o peche desta competición. Tiñan os de Emilio Palacio unha cita coa historia do clube ante un sempre combativo rival como é o AULE e non se desaproveitou a oportunidade que a competición ofrecía para alcanzar o ansiado título. O encontro estivo marcado polo acerto dos nosos en recepción e construcción do ataque, motivo que impedía ós locais acercarse no luminoso durante o primeiro parcial. No segundo set máis do mesmo. Precisión en recepción e colocación e unha orde sobresaínte en defensa acompañado de contundencia no ataque por tódolos carrís permitían ó Hipescar levarse con autoridade o segundo xogo. O terceiro foi un calco dos dous últimos parciais nos que os nosos ofrecían a súa mellor cara sendo coñecedores da trascendencia e a importancia que este choque tiña para o equipo e para todo o club en xeral. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez, Óscar Gómez, Jesús Vázquez "Pivot" e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas actuaron Manuel Pérez Andrade, Gustavo Romero, Ignacio Cibeira "Frigu" e o xuvenil Antón Pérez.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Hipescar Boiro Voleibol15123041171343117527
2Universidad de Valladolid15105035251336123925
3CV Rianxo1697034271395132225
4Intasa San Sadurniño1596030251232117724
5Club Vigo Voleibol B1596029271236118424
6CID Jovellanos1578029311323132622
7Aule1569029331312139921
8Zalaeta15510021341186125820
9Auria Vella Voleyourense15114014431082136516

¡Parabéns!

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS
(25-23, 25-19, 25-20)-(2ª división autonómica feminina)

Luci en ataque
O domingo as nosas xogadoras da 2ª División Autonómica femenina conseguiron outra amplia victoria. O Proboin volveu demostrar un xogo impecable, no que non deron opcións ás xogadoras de Cambados. No primeiro set as visitantes acercáronse no marcador debido a erros das nosas en construcción. As boirenses levaron a cabo ataques contundentes, que aínda que resultaron na maioría efectivos, tamén chocaban coa defensa do Cambados. Gracias ós erros en ataque das visitantes as nosas conseguiron levarse a vitoria final. Nos outros dous parciais o Cambados quedou sen opcións. O Proboin mostrouse seguro, cun bo ataque por parte das súas centrais e unha forte defensa e recepción, que as axudaban a manterse en todo momento seguras e sen dúbidas no posible resultado, sempre favorable. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, María Triñanes, Leonor Lorenzo, Luci Paz, Rebeca González, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Anael Gómez, Sara Martínez, Luisa e Alicia Novoa. Gracias a esta vitoria, o Proboin colócase líder da súa categoría, asegurándose a participación na fase de ascenso á 1ª división nacional feminina, e dependendo de sí mesmas para manter esta posición e levarse finalmente o campeonato. 

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Proboin Boiro Voleibol17152049121451115932
2Acersa Voley Arteixo17143046131370110231
3Emeve Lab. Nupel B17134040211358127530
4San Sadurniño17116042261516132128
5Comercial Durán17116038251421129228
6XAV Cambados17710025381300141624
7Autos Rico UDC A17512025381313141422
8Calasancias Coruña B17512022401243139522
9CD Conxo17413022471387156321
10Dompa Gestión170170251891131317

Noraboa ás rapazas do Proboin

CV VAGALUME 3-1 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(23-25,25-17,25-19,25-11)-(2ª división autonómica masculina)


O Redesyl cae en Ferrol
Derrota a domicilio do equipo filial masculino do Boiro Voleibol, o Redesyl. O inicio do encontro presentaba a un Redesyl aplicado en recepción e cun eficaz ataque por ambas bandas o que facía dano no sistema defensivo dos ferrolanos do CV Vagalume. Cun nivel en bloqueo e intensidade máis que aceptable os de Antón Pérez anotábanse o primeiro por un axustadísimo 23-25 ante un combativo equipo que pelexa pola vitoria final na 2ª división. O segundo comezou con moita igualdade no marcador pero chegados á metade do mesmo o K2 local comezou a inquietar ós nosos, que tampouco conseguían construír o xogo coa fluidez desexada. O desenlace foi de un cómodo 25-17. O terceiro foi similar ó xogo anterior. Forte defensa local e nerviosismo do Redesyl cando o tanteador está en contra. No derradeiro os erros dos boirenses fixeron todo o traballo para o CV Vagalume. Baseando o seu xogo na constancia e na orde no sistema bloqueo-defensa conseguían facerse co set e co partido con menos problemas dos previstos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Fran López "Chepe", Juan Resúa, Manuel Pérez "Cholo", Xavier Sarille e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas estaban Diego Romero, Adrián Armental "Nara" e Juan "Mande".