sábado, 17 de decembro de 2011

RESULTADOS DO 17 E 18 DE DECEMBRO:

REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-13, 25-15, 25-18)-(Liga galega cadete masculina)
Destacada actuación defensiva dos boirenses do Reyca
Importantísima vitoria a do equipo cadete masculino fronte a un rival que se antoxa directo na pelexa polos postos altos desta liga galega. O encontro comezaba co Reyca mandando en tódalas facetas do xogo. A boa recepción permitía que o colocador boirense Ismael Martínez xestionase o xogo con solvencia e a efectividade en ataque do receptor Xian Pérez desequilibraba a balanza en favor dos nosos nesta primeira manga. No segundo set a dinámica do equipo era a mesma. Motivados para cambiar as sensacións da mediocre actuación que se fixera a semana anterior en terras coruñesas saltouse ó terreo de xogo con convencimento para facer un bo traballo. Sin ningunha dúbida o bo facer en defensa dos rapaces do Boiro Voleibol e o tino en ataque do oposto Fran Dieste foron as claves para que o segundo tamén quedase na casa. No terceiro puidose ver a mellor cara dos centrais boirenses. Especialmente atinado estivo Raúl Lojo que fixo un gran traballo en bloqueo e ataque axudando ó equipo a cerrar a manga e o encontro por 3-0. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Lois Vázquez, Raúl Lojo, Óscar Refojo e Adrián Gatbache (líbero). Como reserva estaba Dani Gey.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 NARÓN VOLEA
(25-20, 25-20, 25-19)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl comerá o turrón compartindo o liderato
Cómodo triunfo do equipo filial masculino no que significaba a despedida da primeira volta da competición ligueira desta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro con igualdade no luminoso e cunha intensidade moi baixa por parte dos nosos. Esta situación mantíñase ata que se chegou ós momentos quentes da manga onde a experiencia e o bo facer do Redesyl desequilibraban a balanza a favor dos de Felipe García. A tónica do inicio do encontro mantíñase tamén neste segundo xogo. A carencia de intensidade entre os boirenses provocaba que o nivel defensivo non fose o desexado e que os naroneses se mantivesen preto no tanteador. O técnico local movía moito o banco para intentar cambiar a dinámica máis o desenlace foi calcado ó do set precedente. No terceiro set repetíase a historia dos dous sets anteriores. O Redesyl, ben avanzado o set pisaba o acelerador e desmarcábase para cerrar o set e o encontro. Con esta vitoria os rapaces que dirixe Felipe García rematan a primeira volta no máis alto da clasificación empatados a puntos con dous equipos máis: Xuvenil Teis e Lancer-Zenale San Sadurniño. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Martín Herrera, Pablo Suárez, Xavier Sarille, Diego Romero e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Alén García, Felipe Resúa, Ignacio Cibeira, Fran López e o colocador xuvenil Daniel Vázquez.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-1 MEX. DE OURO VB. RIANXO
(25-20, 23-25, 26-24, 25-21)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico mantén o liderato tras imporse no derbi comarcal
Vitoria boirense no derbi comarcal da 1ª división nacional masculina na que un bo puñado de adeptos ó noso deporte e medios de comunicación se achegaban á Cachada para disfrutar do encontro. Comezaba o choque co Náutico moi acertado. O excelente servicio boirense impedía que o rival construise con comididade o seu ataque. A orde defensiva dos xogadores de Emilio Palacio posibilitaba contraataque tras contraataque que o Náutico se escapase no luminoso. Chegábase ós momentos importantes do primeiro set cunha vantaxe suficiente como para cerralo cun 25-20. No segundo a intensidade decreceu entre os locais. Apatía impropia do equipo e desorde defensiva propiciaban que os rianxeiros se metesen no encontro a base de ataques nos que asumían moito risco. O parcial chegaba cos visitantes en condicións de igualar o tanteador e así o fixeron. O terceiro foi un set de idas e voltas. Na primeira metade do mesmo mandaban os visitantes mais tras concentrarse no seu xogo demostraron os boirenses por que son os actuais líderes e campións da categoría. Nun final de infarto, dous acertos en defensa deixaron na casa a manga. Con 2-1 no tanteador xeral os boirenses saltaron á cancha con máis tranquilidade. Recuperábanse as sensacións do primeiro set e o Náutico cabalgaba decidido a cerrar o encontro. Un par de accións espectaculares, na que cabe destacar un bloqueo do central Antón Pérez, fixeron que os dous puntos da vitoria permanecesen en Boiro. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Óscar Gómez, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Diego Romero, Antón Pérez, Daniel Agra e Manuel Pérez.


CV PONTEVEDRA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 20-25, 23-25, 25-12, 10-15)-(2ª Div. Autonómica feminina)
O Secreto volve a ser o equipo sólido de temporadas pasadas
Importantísima a vitoria que o primeiro equipo feminino conseguiu en terras pontevedresas ante un rival do que agora está a tan só unha vitoria de distancia na táboa clasificatoria. Comezaba o encontro coas nosas nerviosas e inseguras, cometendo un bo puñado de erros que daban aire ás locais para anotarse, non sen problemas, o primeiro set. No segundo o ánimo das boirenses aumentou considerablemente e con el o nivel de xogo. Consistentes na liña defensiva e coa baza en ataque de Rebeca González conseguían distanciarse no marcador para rematar chegar a final de set sen pasar apuros (20-25). O Secreto comezaba o terceiro coa dinámica ascendente tralo xogo realizado intres antes pero o CV Pontevedra mellorou sustancialmente o seu xogo para facer que a igualdade reinase na pista. O desenlace foi de 25-23 para as de Andrés Martínez e Narciso Abalo. No cuarto as sensacións de nerviosismo e inseguridade volvían. Erros infantís e, por suposto, acerto do equipo rival, facían deste set un paseo para as locais (25-12). Saltaron as nosas ó tie-break convencidas de gañar o encontro. A manga estaba sendo moi axustada ata que a central Alicia Novoa chegou á liña de saque para conectar 4 saques consecutivos que percutiron con forza na liña de recepción pontevedresa. Deste xeito O Secreto ceraba o encontro con este vital 3-2. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Sandra Lojo, Alicia Novoa, Ángela Fernández, María Triñanes, Rebeca González e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Ana Bugallo, Andrea Barreiro, Katy Sampedro e Luisa Ferreirós.
IES AMES B 1-3 BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 7-25, 25-20, 24-26)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes collen o tren da vitoria
As de Emilio Palacio continúan mellorando semana a semana non só os resultados, sinon tamén o seu xogo que nos trae sensacións alentadoras do futuro deste cadro de xogadoras. O encontro da mañá do domingo comezaba equilibrado no primeiro parcial, no que o servicio boirense marcaba a diferencia e traía a vitoria parcial cara a terras barbanzás. No segundo set a repercusión do servicio das nosas elevábase á máxima potencia, tendo ás irmás Ana e Sara Bugallo como cabezas visibles nesta faceta. Na terceira manga as locais melloraron a súa recepción froito entre outras cousas da caída na efectividade do saque boirense. Esto creou inseguridade entre as nosas levándoas a cometer erros en ataque e defensa que ata ese momento non sucedera. O desenlace foi de 25-20 a prol de IES Ames B. O cuarto xogo tivo que resolverse pola mínima nos momentos decisivos e un par de accións de defensa máis contraataque boirense desequilibraron o choque ó noso favor. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Antía Sampedro, Ángela Alves, Isabel Gómez e Sara Lojo

14 comentarios:

a10 dixo...

grande balboa!!!!

Adrián Alves dixo...

Pleno unha semana máis, brutal!

Bingooooo!

Dani dixo...

Grandes todos!!!!

estupendaaa maneraa de rematar o ano!!!

BlackBandana dixo...

Otro pleno!sí señor!pero cuantos van ya??jaja
Enhorabuena a todos los equipos, da gusto ver que esto funciona!
Especial enhorabuena a los de Primera que se jugaban el derbi y, aunque están imparables, un derbi es un derbi y supieron llevarse una victoria más...cuántas van??jaja
Los de segunda hemos jugado un feo partido pero aún así hemos conseguido firmar un 3-0 que buena falta nos hacía!Finalizamos la primera vuelta con una única derrota, de cara a la segunda queda muchísimo curro si queremos mejorar resultados y juego, a currar!
Este finde pude ver el partido de las chicas y sólo decir que estuvieron todas increíbles. Tenían enfrente a un rival muy duro que no les permitía relajarse ni un segundo. Bonita, sufrida y merecida victoria para las de Boiro que, de seguir así, comenzarán a subir puestos en la tabla como la espuma.

PD: Muchas gracias a la directiva por las bonitas palabras en el folleto del sábado, no sé si me las merezco...pero sientan genial!jeje, Gracias!!

Narciso dixo...

Fin de semana que deu para moito:

- Gran set de Balboa, que 3 bloqueos.
- Bo debut de Diego Romero co primeiro equipo.
- Debut de Daniel co equipo de 2ª, e con victoria (os pequenos van pedindo paso...)
- As e os cadetes cada dia mostran mellor xogo, boa labor dos entrenadores.
- E o equipo senior feminino que consegue a 4ª victoria consecutiva. A ver se vos empazades a crer que sodes as as actuais campionas de liga.

P.D.: 7 de xaneiro cea de nadal do clube. Ide facendo sitio nas vosas axendas

Adrián Alves dixo...

Gracias pola parte que me toca Narciso. Aproveito tamén para felicitar a Dani Váquez e Diego Romero polo seu debut arriba, que non quede aquí a cousa!

P.D: quería agradecer tamén a Andrés porque sempre hai fotos de tódolos partidos...sexan en Boiro, Pontevedra, Ferrol, Mordor...Sexa onde sexa, alí o tendes coa cámara

FORZA CV BOIRO!!!

Andrés "Araña" dixo...

jajajaja... eche un vicio esto das fotos... Pero vale a pena, e por vos máis... Grande la jornada para todo el club, y alucinante el partido de las chicas en Pontevedra, que grandes. Un abrazo a todos y a seguir currando.

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Noraboa ós xogadores, xogadoras e entrenadores polos resultados acadados nesta fin de semana. Estupendo ambiente en A Cachada. Que siga este bo facer de tódolos que directa ou indirectamente, participan, colaboran e prestan o seu apoio a este fabuloso proxecto deportivo. Un saúdo.

Anónimo dixo...

Eu so quería matizar nun pequeno detalle con respecto a crónica do partido cadete masculino; na crónica di: "Importantísima vitoria a do equipo cadete masculino fronte a un rival que se antoxa directo na pelexa polos postos altos desta liga galega" e o Voleibol dumbría se non me equivoco ocupa a penúltima posición da Liga Galega, vamos que creo que ahí cometiches un erro porque os rivais directos son: o cv Ourense, o Emeve e o Vigo.

Por certo boa labor coa páxina saudos

Adrián Alves dixo...

Cando digo que vexo ó equipo de Dumbría como rival directo é porque teño en conta as súas estadísticas das que se poden extraer as seguintes cousas:

1. Gañoulle a Sta. María del mar 3-0 (Nós 3-2)

2. Fixéronlle 2 sets a EMEVE (Nós 1)

3. Fixéronlle 1 set a Ourense (Coma nós)

4. Gañáronlle 3-1 a Calasancias (Coma nós)

5. Caeron contra vigo con parciais similares ós nosos.

Por todo iso digo rival directo, porque así o víamos desde o seo do equipo cadete.

Saúdos e gracias polo aporte!

FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

Moi ben, digamos que era un rival directo voso, pero non para os postos altos.


Saudos

Anónimo dixo...

Noraboa pero nas participantes do partido de segunda puxechedeslle mal o apellido a Andrea, xa que é Barreiro e non Maneiro. Igualmente Noraboa e a seguir así =)

Adrián Alves dixo...

Correxido!

Piojita dixo...

Enhorabuena a todos los equipos por las victorias, pero en especial a las chicas, ahora cogiendo confianza de nuevo no habrá quien os pare, un besote para todas.
Ya aprovecho y deseo A TODA ESA FAMILIA BOIRENSE: FELIZ NAVIDAD!!!!!!!!