martes, 1 de marzo de 2011

Xente do Boiro Voleibol, Ignacio Cibeira "Frigu":

“Non só somos doce xogadores, somos doce amigos”

O noso benquerido Frigu
Este Frigu é moito. Ignacio Cibeira, “Frigu” foi un dos nomes máis repetidos para someter á entrevista. Así que por vontade popular, velaquí está. Quen xoga con el sabe do que aporta, tanto no campo coma fora del; moitos anos de experiencia, ganas de competición, bo saque en salto, golpe duro á bóla e tamén emoción, bo ambiente e moitas risas.

- (Charo) Entrevistado por petición popular. Es un tio querido no club.           
- (Frigu) Non ha de ser para tanto. Será por todos os anos, por ser dos veteranos. E igual porque sempre ando contando todas as batallas e causalles gracia. Decíame Chicho, habemos de falar con Charo para que te entreviste, e a min danme vergonza estas cousas, porque despois estes carallos, xa os hei de ver no foro…

-Levas uns aniños nisto, entendo que tamén ti estás “enganchado”.
 -Só quedamos eu e Andrés dos que empezamos. Eu antes, xoguei 10 anos ao hockei, até que se desfixo o club. Depois faláronme de Andrés Martínez, e alá me fun a Ribeira. Levarei 15 anos; empecei cando non había nada, cando non tiñamos camisetas, non tiñamos cartos, non tiñamos nada. Eu levaba 500 pesetas para pagarlles aos árbitros. Igual eramos catro ou cinco e había que ir buscar outro á casa para ir xogar os partidos.

-Que é para ti o voleibol?
-Como dixo Andrés, é unha maneira de vivir. Hai cousas que deixas de facer polo voleibol, pero non te arrepintes. Ou intentas compaxinar; o ano que gañamos a Liga, tiña unha voda no día de partido, e eu fun ao banquete, de alí marchei para o partido, e logo volvín para a festa.

-Foches campión de volei-praia contra prognóstico na tua vila. Como foi?
 -Si. Eso fora, non cachondeo, pero... foi máis de exibición. Nós acabaramos de xogar, o compañeiro de Cristóbal estaba lesionado, e xa todo o mundo: “ten que xogar Frigu a final”. A calquera lle gusta xogar unha final. Eu estaba obsesionado con gañar a proba da Pobra, e gracias a dios, que me xuntei a un que xoga ben, e foi emotivo, moi especial. Cristóbal foi e é unha persoa moi querida no circuito. E eu, moi contento de gañar, e ademais co señor que o gañei, todo unha referencia no volei galego. Foi unha experiencia bonita na miña vila.

“De todos os anos que levo xogando, o mellor foi gañar a liga e conseguir o ascenso na pista”

-Tamén viviches o ascenso á primeira división.
-Si,si, si. Foi para min o mellor, de todos os anos que levo xogando e até o día que o deixe. Gañamos a liga. Tivemos que gañar na volta todos os partidos. Fomos á fase de ascenso e tamén a gañamos. Estivemos tres días de festa e chegamos á final. Aínda non sei como conseguimos gañar, porque o que máis e o que menos ía bastante perxudicado despois de tanta celebración, e gañámoslle ao Soria, 3-1. De alí en diante foi cando empezou a medrar o club. Foi un paso moi importante. Conseguimos o ascenso na pista, que hai quen o consegue porque hai prazas libres. Foi do mellor desde que levo xogando.

-Prefires a praia ou a pista?
-En principio prefería a praia. O que xoga na pista ten que xogar na praia, sobre todo os nenos que é onde se enganchan. É o berce do club. Pero chegas a un nivel en que os mellores sempre gañan, en cambio en pista depende de máis factores. Agora gústame máis a pista. A parte a praia e máis incompatible co horario laboral. Tenche que gustar moito, porque se non adestras a diario non fas nada, e despois tes que estar toda a fin de semana alí. A xente que vén da praia, chegan á tempada en pista como cañóns, en outubro. Mellor que en xaneiro.

-E tecnicamente?
-Para min son dous deportes diferentes. Normas distintas, bólas diferentes -unha máis rápida outra máis lenta-.... Ademais na praia custa moito máis saltar e tes as pernas máis fortes. Pero tamén podes coller “malos vicios”; utilizando os toques de unha modalidade na outra. Os que somos “playeros” vimos co toque de praia.

"Ao montar na furgoneta iso é unha transformación. Empezas a falar coa xente, a contos…"

-Como se levan os kilómetros de furgoneta de camiño aos partidos?
-Moi ben porque non somos 12 xogadores, somos 12 amigos. Ao montar na furgoneta iso é unha transformación. Empezas a falar coa xente, a contos… O ano pasado, fomos a Granada: 12 horas de furgoneta, e foi montar e xa estabamos alí. Dá gusto. Temos ido en autobus, e iso era a ruína do club. Cando empezamos fomos a León. Chegamos ás 8 da maña e o bus todo cheo de xente maior. Eu dixen “moita afición temos”. E resulta que esa xente toda ía ao País Vasco de vacacións. Deixábannos en León e á volta collíannos. Chegamos a Boiro ás 8 da mañá do día seguinte, 24 horas de viaxe! Xa podes imaxinar como foi o tema. Agora coa furgo non pasa.

-Que se sinte ao escuitar o barullo da grada?
-Pois, escoitas o ruído e emocionaste. Para min é un orgullo que estea a grada chea. Antes, Ana, a muller de Andrés era a única que nos aplaudía, que era a que facía a mesa. Agora a xente que vén de fora queda asustada ao ver o ambiente de voleibol que se fixo en Boiro. Eu creo que vai ben encamiñado. O límite non se sabe, é un club que pode medrar máis.

Charo López

23 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Si non existiras habería que inventarche Frigulín!!!

Sin ningúnha dúbida o mellor compañeiro que se pode ter.


Jodeeeeeeeeee!!

Unha aperta amigo!

BlackBandana dixo...

Enorme!!
Frigu, eres un tío tan grande tan grande que no sé como coges en el pabellón!!

HUUUuuuuuuuu!!!

Andrés "Araña" dixo...

Penséi que ibas a encher toda a páxina de hitorias do club. Quen mellor ca ti para contalas... daslle ese toque especial a todo. Querémosche noito amigo. Grande la entrevista. Xa me imagino a Charo a chorar de risa... jajaja... Un abrazo brotheerrrr.

Anónimo dixo...

Que dicir de ti frigu, jajajaj, tantos veráns vividos, de día e de noite. Eres un grande, non cambies nunca. Un bico moi grande.

Sarandonga

Meii dixo...

que graaande frigulíin!!!
Lo importaaante que eres para este cluub y tu sin saberlooo!!! ;) jeje
Todos te debemos muucho...gracias x ser una desas personas que han estado ahi desde el primer minuto para que el resto podamos disfrutar ahora y esperemos x muxo tiempo de este Club de AMIGOS...
Un besiño friguliin!!
Un saludo chic@s!!!
Meii

Anónimo dixo...

Grande Frigu....mui grande!!!!! un abrazo amigo!!!!

Basoko

Nando dixo...

Ese Friguuu¡¡¡¡

Pero que grande, vaya figura que teneis ahí en el club ;).
Un abrazo enorme :).

PD: Pero como que ahora te gusta más la pista esquirol ajajjajaja

Michael dixo...

GRANDE non, ENORME!!!! Un dos mellores recordos que teño do volei son con este home!!!

Anónimo dixo...

chicho siempre me la estas montando jajajaja
moitas gracias charo pola tua colaboracion hacia el club ahora que pase el siguiente de la granja jajjajajaja
frigu uhhhhhhhhh

mechas dixo...

Frigulin frigu...Ignacio.....NACHOOOOOOOOOOO!!!Eres ENORME animal!! Pero se quedo escasilla eh....ahi quedan huecos como para montar una biografía...jeje!! O donde va la faceta de mister?? xD!! Un señor bloqueando saques....colocaciones a donde no habia nadie...recepciones a cuntis....etc etc etc!!! Me quito el sombrero Frigu!!

Un saludo

CV Ribeira 07/08

LOST dixo...

Ese Frigu!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
O problema é que ésta entrevista non che chegou nin para comezar, ademais seguro que non estabas con ese puntiño de birra e co teu electrodo. De todas formas felicidades pola parrafada COMPAÑEIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Un abrazo AMIGO!!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dixo...

Frigulín!!!! queremos mais historias!!!!!jajjaajaja, eso qeda para las horas de furgoneta....aiiiiiiiiiiiii como se os exa de menos.... un abrazo tios y a seguir asi de bien q sois unos fenómenos!!!! sludos desde hungria!!!!

algun dia x.... dani agra...jajaja

Brasi dixo...

jajajja

que opinades das perlas que deixou frigu nesta entrevista??

levaba 500 pesetas para pagar o arbitro jajajaj

e

a min danme vergonza estas cousas porque despois estes carallos....

sin contar coa foto na sua pobra natal jaja estas feito un chaval!! que gran personaje!!

unha gran persona que empecei a conocela a base de chupitos no mítico rock star eh frigu?? jejej

saudos campeon!! cando o deixes habrá que facerlle un partido homenaje a el e máis a andres. aí queda a proposta... jeje

Anónimo dixo...

Esta é a mellor "madeira" que se pode ter nun clube.Madeira con cerne e de raíz fonda, da que se sinten orgullosos os teus compañeiros. Tí si que fas equipo, e iso é "sentimento" en BOIRO, RIANXO ou POBRA.
Moita saúde e moitos anos con NÓS.
Bugallo

Anónimo dixo...

Sociooo!!!!!!.... eres grande grande grande....

Eloy dixo...

Esta no Boiro porque él quere, ofertas non lle faltaron, e ainda se manteñen...Pero o das pesas e insalvable.jajajajaja

Unha aperta

Frigu...Grande o cañoto!

Adrián Alves dixo...

Boa peza levabas Eloy...eso sí, o das pesas non o leva él moi ben..jajaja

PIOJITA dixo...

Piojitoooooooooo, como dice Lóstrego, esto no dió ni para empezar.........donde está ese "desnudez desnudez......."", "pompas pompas pompas.....", una chancla voladora, ese jose cuervo con herrera, el salto del piojoooo,....mima!!!!! si me paro a pensar me salen miles de anécdotas. Eso si, este Frigulín non é tan bo como creedes, a min deixoume un ano tirada nun mixto, esto de ser solo de choque es lo que tiene :-)

Jesus_pivot dixo...

grande Nacho.
Está bien eso de dejar cosas sin contar, si no igual peleamos :)
Quien va ser el siguiente? va por peticion popular?

Emilio estaria bien para que hablase del club.

DIABLO dixo...

Que grande Frigulin, se me caen las lagrimas. no se se de emocion o de risa. está clarisimo que se merece un monumento, eso si, con electrodo incorporado.

dieguitoo! dixo...

enoooooooormeeeeeeeeeee FRIIGUULIIINNNN!!! Encantado de haberte conocido, sin ti el voley no seria lo mismo! Un abrazoo!! uuuuuuuhhhhh!!

emilio dixo...

Si quieres contarle a alguien como es frigu es "imposible". Hay que conocerlo y solo puedes quererlo.

FloRychiNskY dixo...

Qué Grande!!!