domingo, 23 de xaneiro de 2011

Resultados do 22-23 de xaneiro:

SÁBADO 22:
ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-16,25-20,25-19)-(Liga galega xuvenil masculina)

Trillizos Boiro Voleibol en recepción
Os nosos xuvenís, estreando o seu novo patrocinio do Hostal "Los Trillizos", padeceu o alto número de baixas no desprazamento a San Sadurniño, xa que non puido contar con Migui, Dani e Diego. Con isto na súa contra, e pese o apoio atopado nos cadetes que se uniron ó equipo, non lograron facer frente a un equipo moi seguro en ataque como é o San Sadurniño. Os nosos mostraron desorganización en defensa, permitindo ó contrario dominar o partido en todo momento, comezando sempre con vantaxes de 3-4 puntos, que logo non se puideron recuperar. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Diego, Romero, Antón, Martín, Adán, Ismael, Abel, Raúl, Dani, Lois, Óscar, Fran e Xian.


ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-11,25-15,25-22)-(Liga galega cadete masculina)

Fran e Abel disputan a recepción
En esta ocasión os nosos cadetes do Reyca Boiro Voleibol non coseguiron a vitoria. Os nosos sufriron polos erros cometidos ó largo do partido. O mellor set foi o terceiro, no que o Reyca comezou con 6 puntos de vantaxe, pero voltaron os erros, conseguindo o visitante achegarse no marcador, que se mantivo en empate ata o punto 20, no que o San Sadurniño voltou a adiantarse, acadando a victoria final. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael, Abel, Raúl, Dani, Lois, Oscar, Fran e Xian.





ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 3-1 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(18-25,25-23,25-19,25-14)-(2ª división autonómica masculina)

Bloqueo de Luis e Tito arroupados por Alén
Coa intención de manterse nos postos altos da táboa clasificatoria chegaban os homes de Antón Pérez a San Sadurniño, rival que na súa casa multiplica o seu perigo tal e como demostra o resultado. Comezaba o partido cos nosos atinados e confiados no seu xogo. Unha boa recepción permitía ó colocador boirense Luis Lustres efectuar correctamente a dirección do seu conxunto. O resultado caiu no saco do Redesyl cunha cómoda vantaxe de 7 puntos (18-25). Foi neste momento cando o equipo filial do Boiro Voleibol desapareceu completamente do terreo de xogo ferrolano. Continuos erros, ausencia de disciplina defensiva, escasa intensidade e actitude no campo practicamente nula convertéronse en inimigos do cadro boirense para acabar cedendo nos tres sets seguintes. Duro revés nas aspiracións do Redesyl, que en ningún momento do encontro demostrou o potencial do que dispón. Cabe destacar a importantísima baixa de Manuel Pérez "Cholo" por lesión muscular. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Luis Lustres, Alén García, Xavier Sarille, Diego Romero, Antón Pérez, Roberto Rodríguez "Tito" e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas estiveron Rubén Taibo "Mechas", Juan "Mande", Adrián Armental "Naranxo" e Fran Outeiral "Magenta".

ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 2-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(28-26,18-25,20-25,25-23,15-17)-(2ª división autonómica feminina)

Andrés aconsella ás súas
Vitoria importantísima e moi traballada por parte das rapazas do Proboin ante un rival directo que lles serve para encaramarse ó máis alto da clasificación desta 2ª división galega. O encontro estivo marcado pola igualdade na cancha, con alternativas por ambos bandos e emoción ata o último momento do encontro. As de Andrés Martínez mantiveron unha liña uniforme e constante no seu xogo tal e como acostuman, situación que as ferrolanas non superon contrarrestar case que en ningún momento do partido. A batalla ben puido ter rematado no 4º parcial no que as boirenses dominaban a situación por completo pero unhas decisións arbitrais canto menos dubidosas equilibraban a balanza para levar o encontro ó tie-break. Neste xogo definitivo as boirenses deron a cara, demostraron o por qué de ser as xustas líderes da súa competición e levaronse un encontro que o equipo local tiña marcado no seu calendario pola trascendencia do mesmo. Este partido significou o reencontro de Rebeca González coas compañeiras e o seu debut nesta liga. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Carolina Cuadros, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Sara Martínez, Leonor Lorenzo, ¡Noraboa rapazas!

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Proboin Boiro Voleibol981026677361617
2San Sadurniño972024976163216
3Emeve Lab. Nupel B972022970865116
4Voley Arteixo862020865752414
5Calasancias Coruña B9450131964270613
6Comercial Durán8440161364761912
7Autos Rico UDC A9360132068273512
8XAV Cambados927092364174111
9CD Conxo8260102264471710
10Dompa Gestión80800243866008

SAN SADURNIÑO 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(14-25,22-25,16-25)-(1ª división nacional masculina)

Equipo inicial do Hipescar en Sansa
Brillante e contundente vitoria do primeiro equipo masculino nunha historicamente complicada cancha como é a do San Sadurniño. O xogo do Hipescar rozou por momentos a perfección. Moi boa recepción, construcción exquisita e contundente ataque por tódolos carrís. Comenzaba o primeiro set cun dominio absoluto dos nosos. K1 case perfecto sen cometer erros. En canto o K2 resultou desesperante por momentos para o rival xa que eran incapaces de facer puntos fáciles de ataque. O desenlace deste primeiro parcial sería de 14-25. No segundo set comenzaban os nosos un pouco máis relaxados, situación que os locais aproveitaron para conseguir unha suculenta renta de 7-2. Con moita tranquilidade, personalidade e orde defensiva para provocar boas situación de contraataque o Hipescar conseguía darlle a volta a este tanteador para colocar o 10-10 no luminoso. O desenlace do set foi dominado de novo polos nosos, rematando cun 22-25 final. No terceiro e definitivo, os de Emilio Palacio volveron ó camiño do primeiro xogo. Orde táctico e seriedade en tódalas accións de K1 signifiaron unha clara vantaxe neste parcial (16-25) para matar o encontro. Boas novas para o Hipescar chegaban dende León xa que o AULE doblegaba como local ó Universidade de Valladolid por un axustado 3-2. Esto significa que os nosos están a tan só unha vitoria do liderado da 1ª división nacional tendo toda a 2ª volta por diante e desenvolvendo un xogo que lles permite ser optimistas de cara o futuro. Polo Hipescar xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez (xuvenil) e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas actuaron Miguel Vázquez, Gustavo Romero, Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu" e Martín Herrera (xuvenil).

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Club Vigo Voleibol B871023973364115
2Universidad de Valladolid8710231279071015
3Hipescar Boiro Voleibol8620221378371614
4Aule8440181572974112
5CV Rianxo8350151771071311
6CID Jovellanos8350151873672611
7Zalaeta8350121764866211
8San Sadurniño826092162571210
9Auria Vella Voleyourense81707225656989

BOIRO VOLEIBOL 3-0 CD CONXO
(25-21,25-18,25-14)-(Liga provincial cadete feminina)


Partido no que as nosas foron de menos a máis (tal e como indican os parciais). Comezaron o primeiro set con moitos erros tanto en saque como en recepción e que se levou gracias a unha racha de saques de Melisa no tramo final do mesmo. No segundo e no terceiro set foise a mais levando ámbolos dous con moita facilidade gracias a boa recepción e defensa en conxunto e o acerto en saque (sobre todo de Ana Bugallo). Esta circunstancia propiciou facer trocos para que xogaran todalas xogadoras. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sara , Alba, Melissa, Ana, Sheila e Katy. Como reservas actuaron Lara e Andrea. (Crónica de Juan Resúa)
DOMINGO 23:
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV VAGALUME
(18-25,17-25,12-25)-(2ª división autonómica)

Plantel do Redesyl no 2010-2011
Incomparecencia boirense. Este podería ser un bo titular que resume o que aconteceu esta mañá de domingo no polideportivo de "A Cachada". Cómoda vitoria para o conxunto de ferrolterra que demostrou unha vez máis que sempre é un equipo a ter en conta nesta competición autonómica. Os de Antón Pérez careceron de chispa, personalidade e actitude deportiva no que se antoxaba "encontro trascendental" de cara as aspiracións do equipo nesta tempada 2010-2011. Continuas imprecisións froito da non concentración, erros infantís máis propios dunhas categorías máis tempranas e nula predisposición para a práctica do voleibol desencadearon nunha clara e contundente vitoria visitante por 0-3. Certo é que o Redesyl contaba coas importantes baixas do seu colocador Luis Lustres e o recepor Manuel Pérez pero en ningún momento deron a impresión de poder danar ó equipo visitante. Dura derrota, pero os rapaces de Antón Pérez deberán afrontar a situación con seriedade, traballo e humildade para tornar os acontecementos no futuro. Moito ánimo rapaces, podedes. Polo Redesyl xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Juan "Mande", Rubén Román Vidarte, Fran Outeiral "Magenta", Antón Pérez e Diego Alcalde (líbero). Como reservas agardaban a súa oportunidade Xavier Sarille, Roberto Rodríguez "Tito", Diego Romero e Adrián Armental "Naranxo".


VOLEIBOL DUMBRÍA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 25-17, 25-22)-(Liga provincial xuvenil feminina)

Evelyn, Adriana e Katy na rede en Dumbría
Non puideron as nosas coas de Dumbría. O primeiro set comezaba moi ben, manténdose as de Boiro diante no marcador ó aproveitar os erros das visitantes, ata a metade do set no que se deron a volta nos roles, cometéndose os fallos por parte das boirenses, e levándose o set as de Dumbría. O segundo set foi dominado polas locais e marcado polos erros do Boiro, sobre todo en recepción. O mesmo pasou no terceiro set, no que as nosas conseguiron acercarse algo máis no marcador gracias a unha racha de saques, pero non foi suficiente para conseguir a vitoria. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Adriana, Angela, Katy, Evelyn, Ana e Sheila (líbero). Tamén xogaron Andrea, Rocío e Sara

14 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Fin de semana agridulce, 5 derrotas e 3 vitorias...

1-Noraboa ás rapazas que demostran unha vez máis a pasta da que están feitas gañando unha finalísima como a de onte...o obxectivo está máis cerca.

2-Moitos ánimos a cadetes e xuvenís, seguide traballando como ata agora e os resultados chegarán, SEGURO.

3-Para os meus compis un aplauso, que pracer e que fácil é xogar con todos vós, IMPRESIONANTE. A seguir, o obxectivo está máis cerca que onte destas horas.

4-Para os de 2ª REPRIMENDA, espero paciente a reacción do equipo con voleibol do bo e xogando con casta e oficio, algo que sempre caracterizou ós equipos barrañentos. A XOGAR!


P.D: o blog contabiliza unha media de 250 visitas diarias (a veces máis e a veces menos), pero a interacción dos usuarios é moi reducida polo que desde aquí animo a todos a participar (cadetes,xuvenís,empresarios,pais,directivos,suecos,frigulins, etc)

FORZA CV BOIRO!!!

Narciso dixo...

Dedicatoria para os individuos que me acompañaban onte no partido

Bob Dylan - Knockin' on Heaven's Door

tok, tok

Sandritaaa!!!! dixo...

Enhorabuenaaa chicas y chicos de primera!! Y ánimo para los de segunda que en la segunda vuelta estos partidos darán la vuelta.
Las chicas como siempre demostrando que de verdad son las líderes... a por todass :D
un besazo

LOST dixo...

Parece que el frio perjudicó a algunos equipos del club. Hay que seguir peleando para superar estos pequeños contratiempos!
Vamos que hay que espabilar la caraja y dar mas leña!
Animo!
En cuanto a las chicas, enhorabuena! Seguid así campeonas!
Y qué decir de mi equipo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!Ni frio ni hostias!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!Qué cracks!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aupa Boiro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

magenta dixo...

moi mal fin de semana para nos, solo espero que este sea o principio da nosa recuperacion e como ben di chicho, temos que tirar de casta, oficio levantar a cabeza e tirar para diante, polo resto noraboa a todolos equipos.

Jesus_pivot dixo...

No me gusto lo que vi del equipo de segunda división masculina, no me gusto porque en ellos juegan mis amigos y no me gusta ver que cada uno juega por su lado, tanto en sansa como hoy por la mañana.Ojalá levanteis el vuelo vomo al principio de temporada.Animo.

Para mis compañeros decir que fue un gran partido el que disputamos el finde, es genial jugar con todos vosotros y animo a los que fueron hasta sansa y no pudieron entrar a jugar o apenas jugaron.

Meii dixo...

enoraweeena a tooodoss!!!
una vez más se demuestra lo k significa este club...
sois todos mui grandes...
enorawena a los xiiikos de primeraa!! a seguir trabajando komo asta aora... ya falta pokiito!!
muuxo animo pa lso de segunda..que esta semaniita no demostraron para nada toodo lo k ellos pueden acer...todos konfiamso en vosotros..TODOS..y sabemos k lo areis de lujo a la vuelta...aki estaremos para verloo! ;)
y a mis niñas... :D :D pero k decirooos!! k em abeis regalao el mejor partiiido desde acia muuxo tiempoo!! jeje..lo pasamos mal pero...kreo k emos demostrado muxas kosas...a nosotras mismas... y yo me kedo kon eso.
encantada de estar akii kon vosotras...a dar cañaaa chiiiicas!! k no keda nadaaa!! kon trabajo y MUUCHAS GANAS konseguiremos eso k una vez mas volvemos a desear.
...por muchos años más... ;)
y animo tb a las categorias k nos siguen!! los/las juveees,y los/las cadetes...animos niñ@s...sois muy grandes a seguir trabajandoo kon muxas ganas!!

un saludo a todos!

ANDRES dixo...

Enhorabuena a las chicas por ese partidazo y esa entrega hasta el final. Sois las mejores. Los de 1ª como una apisonadora. Im-pre-sio-nan-tes... Para los de 2ª comentar que creo que os falta esa unión de equipo, no solo cuando todo va bien, sino sobre todo cuando los fallos llegan, ahí es donde más os necesitáis unos de otros para hacer esa piña que os suba de nuevo a la pelea. Podéis chicos. Antón se entrega a tope con vos, haced vos lo mismo con él. Vale mucho la penaaaa. Juves y cadetes a seguir trabajando y mejorando, que se ven cosas muy muy buenas. Un abrazo d8p.

Gus dixo...

Rematamos primeira volta!
e fago o primeiro comentario,
Noraboa e gracias Chicho polo blog.
Foro...polo que vexo, cada vez hai menos anónimos no foro, será que cada vez lle resulta máis difícil criticar este clube que medra con salud.

Antón, non desesperes, xa chegarán os resultados, o traballo está feito.

Dos demáis falan os números

UN ABRAZO A TODOS

mechas dixo...

Bueno, antes de nada darle la Bienvenida a Oscar, espero que nos puedeas (segurisimo que si)ayudar. Y bueno lo importante del finde, los de primera en su linea, con un K1 espectacular, y bueno el K2 mejor no lo mecionemos, porque es el pilar del equipo, y si no preguntarselo a jugador numero 12 de San Sadurniño, jeje!! Las chicas como siempre demostrando que esta liga se tiene que quedar en Boiro si o si, ni los arbitros supieron armarla lo suficiente como para que pudieran perder el partido, en cuanto a los juves y cadetes, hay que seguir amigos, yo os lo dije, que la gallega no es la liga de parroquias que jugamos el año pasado, y por ganar un partido contra un equipo mejor, no se va a ganar una liga (consta de 12,14,16 o 40 partidos). Y ahora al desastre del finde y las derrotas más dolorosas que he sufrido en lo poco que llevo en este mundillo, el problema es de uno, de dos, de tres, NO, el problema es de TODOS, si somos un EQUIPO, lo somos como para meter una hostia en 3 metros como para fallar 8 saques en un set (tercer set en Sansa), errores que ni cadetes tendrían, no se pueden tener si queremos aspirar a algo. Las conclusiones se sacaron perfectamente ayer, y hoy con la cabeza en frio me remito a pedir perdón a mis compañeros por si en algun momento le falte al respeto, alguna actitud mia no fue la correcta, pero todos conocemos a....enfin!! no vale la pena ponerme a su altura, lo IMPORTANTE como bien dice Bugallo, "cambiala dinámica" y haber "si xogamos como nunca, e gañamos como SEMPRE" pero con el buen rollo y el colego que caracteriza al grupo humano de 15 personas que somos, antes que un equipo, y ahi esta la grandeza (del FILIAL del primer equipo)somos los mejores amigos del mundo (hasta con tito, jejeje, sabes que te lo digo de coña hombre) Bueno queda todo dicho, el miercoles nos vemos en Barraña (como bien dijo Chicho, somos BARRAÑENTOS) Un saludo

Nando dixo...

Enhorabuena chavales, no me cansaré de decirlo, SE NOTA QUE SOIS UNA PIÑA Y DA GUSTO VEROS JUGAR y eso mezclado con el equipito tan "apañao" que os habeis currado (si la gente quiere ir a jugar a ese club por algo será), ahora también con un fichaje "de altura" por el centro, el que os quiera ganar va a tener que sudar y mucho la camiseta. Espero esto os lleve a la fase, y este año vayais para dar guerra y por que no ascender ;).
Seguid dándole caña al Frigulín "que aínda ten corpo para aguantalas que esta feito un rapaz" ;)

Un abrazo y a seguir así.

Nando

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Penso que esta cita de José Saramago pode ser apropiada para os resultados da fin de semana pasada:
"As derrotas teñen algo positivo, nunca son definitivas. En cambio a victoria ten algo negativo, nunca é definitiva." (José Saramago)

Ánimos a tódolos xogadores e xogadoras,entrenadores, colaboradores e unha mención especial para o responsable deste blog polos seus acertados comentarios e pola súa constante actualización

Anónimo dixo...

ola xente,decir norabuena o boiro de primeira pola victoria,e con respecto o de segunda,q vos pasa chavales¿?non sei q pasou nos partidos deste fin de semna pero tedesvos q manter unidos e levarvos ben se qredes xogar ben e ganar.aer se vos podo ir ver algun partido pa animarvos un pouquiño q qro q ganedes a liga asiq mais vos vale poñervos as pilas.

saudos a todos



marquinhos

LOST dixo...

Mechas tes un rolloooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pero polo menos é un bo rollo!


Ah, este anónimo tamen ten bo rollo, así me gusta!
Aupa Boiro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!